Case 11.000 novas doses contra a covid-19 administradas en Galicia e as persoas inmunizadas chegan ao 85%

Por probabilidade de exposición, 72.648 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 27.169 do sociosanitario e 44.076 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2021 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

A vacinación contra a covid-19 avanza en Galicia coa administración doutras 10.725 doses nunha xornada, das que 564 foron para completar pautas. Así, a poboación galega inmunizada alcanza xa o 85%.

Segundo os datos publicados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade no 'Cronómetro de vacinación' con respecto á xornada do venres, recollidos por Europa Press, administráronse ata o momento 4.523.265 doses, que representan 10.725 máis que as contabilizadas ata o xoves.

Do total de dose inoculadas, 564 foron para completar pautas, polo que aumentan a 2.295.389 os cidadáns co proceso finalizado en toda a Comunidade galega, o 85,01 % do total de habitantes e o 93,52% da poboación diana --maiores de 12 anos--.

Por grupos de poboación por vulnerabilidade, hai 19.446 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 17.581 dependentes non institucionalizados e 27.544 institucionalizados. Mentres, 2.086.380 terminaron o proceso ao ser chamados pola súa idade.

Por probabilidade de exposición, 72.648 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 27.169 do sociosanitario e 44.076 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.

O proceso de vacinación contra este coronavirus segue nos hospitais do Servizo Galego de Saúde coa administración de segundas doses pendentes e autocita para maiores de 12 anos. E desde o luns 25 de outubro comezouse a administrar a persoas maiores de 80 anos a dose de reforzo contra a covid en centros sanitarios de cabeceira en paralelo á vacunción antigripal.

Ademais, está previsto a partir de mediados deste mes de novembro o Sergas habilite de novo puntos de vacinación masiva cando comece a administración da dose de reforzo ao grupo de persoas de 70 a 79 anos en Galicia.

Un enfermeiro prepara unha vacina en Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press
Un enfermeiro prepara unha vacina en Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta