O PP cre que o BNG non cambiou a súa postura independentista e trae a galicia "os problemas dos cataláns"

Puy cre que a asemblea do BNG foi "un proceso de imaxe".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2021 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, considerou este luns que a asemblea celebrada polo Bloque Nacionalista Galego foi "un proceso claro de imaxe" pero "sen ningún cambio" sobre a súa posición independentista.

"Busquei no dicionario da RAE o significado da soberanía e a propia RAE di que é un sinónimo de independencia", manifestou ao ser preguntado polo proceso interno no que o Bloque revalidou o liderado de Ana Pontón e reafirmouse no soberanismo como "casa común do sobernaismo".

"A partir de agora imos ver se estamos nun proceso claro de imaxe ou se isto é algo distinto", sostivo Pedro Puy, que sinalou que "non hai ningún cambio". Así, acusou aos nacionalistas galegos de "querer traer a Galicia" os problemas cataláns.

Ademais, en relación ás primarias celebradas polo PSdeG, hase referdo a afirmacións nas que os socialistas trasladaban certas "aproximacións" na "defensa común do país" para soster que "o camiño se demostra andando" polo que, a partir de agora, poderase comprobar se o Goberno da Xunta conta "co apoio dalgunha forza da oposición ou non". "Unha oposición que sempre, antes ou despois, acaban gobernando xuntos en coalición con todo o que iso leva", afirmou.

Neste sentido, incidiu en que "a única alternativa de goberno que hai" en Galicia é "un Partido Popular que ten unha maioría ampla na sociedade galega".

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa. PPDEG
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta