Acusan de "caos organizativo" ao servizo de Otorrinolaringoloxía do CHUS

CC.OO puntualizou que se chegaron a "comunicar recentemente a suspensión da concesión de permisos e vacacións pola situación de inestabilidade organizativa do servizo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2021 | Actualizada ás 15:51

Comparte esta noticia

Comisións Obreiras denuncia "caos organizativo" no servizo de Otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e lamenta a "pasividade" da Xerencia compostelá "e do propio Sergas".

Así o indicou este sindicato nun comunicado de prensa, no qe a Federación de Sanidade de CCOO denuncia a "insustentable situación" dese servizo e rexeita a "pasividade" da Xerencia do complexo e do Sergas "pois saben da problemática desde o pasado mes de xuño", cando CCOO "a puxo no seu coñecemento", engade.

"A falta de decisións e de solucións por parte da Administración sanitaria produce graves consecuencias para os traballos e mesmo pode verse prexudicada a calidade asistencial", avisa Comisións Obreiras.

Para este sindicato, a dirección do citado servizo "provoca unha sorte de caos organizativo, con cargas de traballo moi desiguais para os distintos profesionais, tanto nos que respecta ás axendas como as intervencións cirúrxicas".

Tamén apunta "falta de equidade" na concesión de permisos. Así, puntualizou que se chegaron a "comunicar recentemente a suspensión da concesión de permisos e vacacións pola situación de inestabilidade organizativa do servizo".

Comisións Obreiras, ademais de esixir que a Administración sanitaria "asuma as súas responsabilidades", vai adoptar "as medidas que sexan necesarias na defensa do persoal do servizo de Otorrinolaringoloxía para conseguir chegar a unha solución".

Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo
Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta