Galicia segue á cola do Estado en marcadores sobre uso de Internet

A poboacióng alega usa menos a rede e ten menos usuarios que no conxunto do Estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2021 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

O 90,2% dos galegos entre 16 e 74 anos usou Internet no últimos tres meses, a menor taxa no Estado, segundo a Enquisa sobre Equipamento e Uso de Tecnoloxías de Información e Comunicación nos Fogares, que publica este luns o Instituo Nacional de Estatística (INE).

Supón case catro puntos por baixo da media española, que alcanza o 93,9%. A maior taxa entre comunidades rexístrase en Madrid (95,9%).

Galicia tamén está á cola en usuarios habituais de Internet --polo menos cinco días á semana--, xa que se trata do 81,4% da poboación, de forma que só Estremadura está por baixo (81,1%). Aquí a media española é do 85,8%.

Pola súa banda, o 52,5% dos galegos comprou por Internet no últimos tres meses. Igualmente, é unha cifra menor que a media do país (55,2%).

Arquivo - Un home escribe co teclado do seu computador, mentres traballa no despacho da súa oficina.. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Un home escribe co teclado do seu computador, mentres traballa no despacho da súa oficina.. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta