"Non podo darlle de comer á miña filla por catro mamóns"

Novos vídeos que recollen a tensión que se viviu na carga policial deste martes e a opinión dos centos de mariñeiros que se manifestaron en Santiago.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/03/2014 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

Os mariñeiros do cerco estouparon este martes tras a contundente carga policial diante do Parlamento galego. Levan días protestando polo que consideran un reparto de xarda e xurelo inxusto que os condena á "miseria".

Un mariñeiro do cerco amosa a marca que lle deixou unha pelota de goma lanzada pola Policía
Un mariñeiro do cerco amosa a marca que lle deixou unha pelota de goma lanzada pola Policía

Algúns deles levan catro e cinco meses sen poder cobrar nada. "Temos que estar aguantando...Aquí hai moita xente con fillos, mulleres, hipotecas... E como pagamos as hipotecas?", preguntase un mariñeiro.

Outro é máis directo. Amosa o negrón que lle deuxou un pelotazo da policía. "Catro meses que non teño para darlle de comer á miña filla. Non podo darlle de comer á miña filla por catro mamóns de aquí dentro. Estamos perdendo cartos e a indignación é o que temos. E o único que sabemos é o mar. Temos que ir polas malas porque polas boas non vale para nada", destaca.

Lembra como foi esa carga policial; "chegaron como animais. Pegaronlle a unha muller que non tiña nada que ver coa historia e tirarona no chan. Entraron no bar a mallar e iso non o poden facer. Ata lle deron á camareira do bar. Isto no País Vasco non o fan. Tiran pelotas a menos de 200 metros. Imaxinate se pasa unha criatura por ahí".

Intervén un terceiro indignado; "non saben gobernar. Ata non saben nin mandar a Policía. Estes fillos da gran puta. Só saben roubar e nos están arruinando a Galicia enteira; sector mineiro, pesqueiro, naval, todo".

Tamén os emigrantes que viven do mar apoian a protesta; "estamos mal. Morremos de fame e os galegos teñen que ser como os vascos". "Eu non entendo que lle dean aos vascos 140 toneladas e aos galegos 20", comenta outro compañeiro.

Eduardo Carreño, patrón maior de Portosin, explica a actual situación e di que, a diferencia do manifestado por Feijóo que asegura que este acordo é "o mellor para Galicia", "a frota galega sae moi mal parada e desaparecería nun 80%. Só se salvarían 25 barcos de 152 actuais. Por poñer un caso; hai un barco de Portosín que só lle tocan 5.000 quilos de xureis e 6.000 de xardas. Terían o que agora pescan no día para todo un ano", suliña ao denunciar que a conselleira do Mar, Rosa Quintana, "defende máis a frota vasca que a galega".

Esta é a reportaxe de GZ vídeos:

)

E esta é a reportaxe de IrmandadeTV:

)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

5 eusi

O Bnjajaja teria moi dificil xustificar na UE como os bascos levan tanta cota e os galegos os resquizos. Votaria o seu pretendido socio Bildu a favor dos galegos e en contra dos seus? É q este Bnjajaja e iso, de risa!

1 Galego do BNG con Bildu

Tranqui, para iso esta IU que nin facer barcos, nin pescar nin nada de nada para Galiza. Bildu está no mesmo posicionamento que o BNG, cambiar a UE.

4 Operación Gladio

Agora hai que facer dependente e ter contenta a economía da rebelde Euskadi a conta da sumisa Galiza. Coido que é unha volta de torca mais no acoso e derribo do nacionalismo galego, botar estrume e crear xenreira contra a coalición BNG-Bildu, ou facer que o BNG remate no electoralismo oportunista mais noxento e ficar na estratexía terrorista de estado, de aillar ao abertzalismo e polo soberanista galego e crear falsos terrorismo para xustificar políticas represivas. Probe da miña Galiza, tan lonxe do ceo e tan preto de Expaña.

3 Pastelao

O que hai é muito ignorante. Se as cofradias não tivessem consentido a venda das licenças aos armadores bascos anos atrás por quatro pesos, agora não se passaria isto. Queredes mais quota? Pois a alugar-lhe as licenças a Euskadi que as compraram todas. Isto é graças à típica mentalidade deste país de marulos.

1 Operación Gladio

Pastelerio, mentras o gobernó vasco incentivaba a merca de licenzas as suas cofradías, o gobernó lacaio de PPinochos Frijoles incentivaba o desguace da froita galega, e a sua venda. Atacando a economía e a cultura dun pobo, facendo que sexa mais dependente, estimula o auto odio, falla de autoestima, e con elo a sua capacidade de resistencia e loita pola defensa do seu.

2 Spidercan

Caralho, operación Gladio, que ben falaches! Así andamos todos. Coa auto-estima polo chan e non por nós, precisamente.

3 cansendono

A parte fundamental dos dereitos dos armadores vascos veñen dunha fraude das axudas europeas para a retirada do mercado da xarda hai uns anos atrás. A solución a que se chegou para que o goberno non tivese que devolver cartos e cotas foi un acordo verbal cando as cotas eran "comunales", pero os gobernos mudan e as palabras levounas o vento. O actual reparto beneficia a defraudadores.

2 Gz Videos

Outro video, de GzVideos: http://www.youtube.com/watch?v=Tdck...

1 electron

AGE cos mariñeiros http://is200.imagesocket.com/images...

1 eusi

Para negativos os que len LaCoz e pretenden que a leamos os demais. Bo exemplo Positrón, por non dicir K_gón.