A Xunta ensalza as investigacións de Finsa para darlle novos usos á madeira

Destaca a unidade de investigación posta en marcha pola papeleira en colaboración coa USC.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2021 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, enxalzou o traballo da unidade de investigación posta marcha pola compañía Finsa en colaboración a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para deseñar novos usos na construción en madeira.

O responsable económico do Executivo autonómico participou este luns en Lugo na presentación dos resultados desta unidade, creada no ano 2018 coa participación da Xunta a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera).

"Este proxecto pon de manifesto que na utilización tanto de piñeiro como de eucalipto hai unha capacidade de desenvolvemento importante para que a industria forestal siga xerando valor a través destes procesos de construción", manifestou Conde.

O 'número tres' do Goberno galego puxo o foco en que este proxecto, centrado na investigación da economía circular e o uso "eficiente" da madeira, "pode contribuír non só ao reto da transición ecolóxica, senón tamén a dar valor engadido a toda a cadea monte-industria, potenciando, por exemplo, os novos usos da madeira".

"A través da innovación e a tecnoloxía podemos seguir situándonos na vangarda tecnolóxica e dar valor engadido a esta industria e aos nosos recursos naturais propios", incidiu Conde.

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visita as instalacións do grupo empresarial Finsa, en San Cibrao das Viñas (Ourense)
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visita as instalacións do grupo empresarial Finsa, en San Cibrao das Viñas (Ourense) | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta