Mil euros de multa e retirada de seis puntos do carné para un condutor novel ebrio que fuxiu tras un accidente en Lugo

Interceptado outro condutor que cuadriplicou a taxa máxima de alcoholemia na Rolda da Muralla.

Por E.P. | Lugo | 22/11/2021 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local de Lugo interceptaron un condutor novel que obtivo máis do dobre do permitido na proba de alcoholemia tras fuxir dun accidente. Por iso, foi sancionado cunha multa de mil euros e a retirada de seis puntos do permiso de conducir.

Efectivos da Policía Local de Lugo coa alcaldesa
Efectivos da Policía Local de Lugo coa alcaldesa | Fonte: Policía Local.

Segundo informou a Policía Local, durante a pasado fin de semana intensificáronse os controis de alcoholemia e instruíronse dilixencias por delitos contra a seguridade viaria.

En concreto, na madrugada do pasado venres ao sábado un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprazouse á rúa República Arxentina, onde unha patrulla interceptou un vehículo que fuxiu dun accidente ocorrido momentos antes na rúa Estaca de Bares.

Os axentes comprobaron que se trataba dun condutor novel quen, sometido ás probas de alcoholemia, obtivo positivo de 0,37 miligramos por litro de aire expirado, que supón máis do dobre do permitido, cando o límite máximo para este tipo de condutores é de 0,15 mg/l.

Por iso, abríuselle expediente sancionador con multa de mil euros e a retirada de seis puntos do permiso de conducir, indicaron as mesmas fontes municipais.

XUÍZO RÁPIDO

Por outra banda, esa mesma noite, sobre as 5,00 horas, detectouse na Rolda da Muralla un condutor que presentaba signos de embriaguez. Sometido ás probas de detección alcohólica, obtivo positivo de 0,99 mg/l, que supón catro veces máis que a taxa permitida.

Por iso, neste caso os axentes instruíron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido, concretaron as mesmas fontes municipais.

E ás 6,00 horas do mesmo día un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo instruíu dilixencias por delito contra a seguridade viaria ao condutor dun turismo detectado por unha patrulla da Policía Nacional pola rúa Frei Plácido Rei Lemos sen ningún tipo de iluminación.

Este condutor obtivo un resultado positivo de 0,66 miligramos de litro por aire expirado nas probas de detección alcohólica ás que foi sometido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta