Doantes anónimos impulsan a vida artística dunha moza galega cunha bolsa do movemento social 'Ensaia'

A artista ourensá Lia González recibirá 6.000 euros, ademais de acompañamento e mentoría durante doce meses.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/11/2021 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

Lia González, artista afincada na aldea de Entrimo e un dos "talentos artisticos máis prometedores da nosa comunidade, cun claro potencial internacional no seu traballo", foi a beneficiaria da primeira bolsa que outorga o movemento social 'Ensaia'. Fixérono posible as máis de 100 "pingas" (forma na que denominan ás doantes independentes e voluntarias) que conforman o movemento social.

Obra artística de Lía González
Obra artística de Lía González

A primeira bolsa de 'Ensaia' nace dunha "iniciativa sorprendente", destacan dende o movemento social, xa que agromou da "agrupación voluntaria de diferentes persoas

galegas que buscan apoiar, contribuír e potenciar o talento local". No marco das medidas acordordadas xurde esta primeira beca para o desenvolvemento da carreira persoal e, así, a artista ourensá recibirá 6.000 euros e o acompañamento e mentoría durante un ano.

Segundo destacan dende 'Ensaia', a máxima desta iniciativa é apoiar a persoa, non soamente con cartos, senón coas conexións, confianza e consellos de toda a comunidade. Deste modo, o obxectivo será "medrar non lineal, senón exponencialmente. Como reza o manifesto do movemento: o talento xa existe e, moitas veces, soamente hai que visibilizalo ou acompañalo".

Os traballos de Lia González  xa foron recoñecidos por algunhas das máis prestixiosas

escolas internacionais, chegando a recibir un «A ́ Design Awards Gold». A través das súas creacións busca impactar positivamente na sociedade, levando a arte a "súa máxima expresión tratando de espertar algo auténtico e real nas persoas que o observan". Grazas á bolsa, destacan,  puido materializar as primeiras obras de dous dos seus proxectos: Pathart y nöwmada.

No primeiro, xunto a una patóloga viguesa, mostra o "insólito universo interior que poseemos e, no segundo, froito da súa volta ao mundo, descontextualizou o imaxinario terráqueo en máis de cinco mil imaxes que se superpoñen nas súas composicións para amosar como as culturas interactúan entre sí.  “A verdade é que, para min, foi toda una honra recibir esta bolsa porque demostroume a confianza de moitas persoas para, por fin, poder considerarme artista social”, comenta Lia González quen, expresa, “por diante teño o reto de crear proxectos artísticos que xeneren un gran impacto e, notar o apoio de toda unha comunidade así como coñecer a algunhas mentoras, permitiume ver máis claro os seguintes pasos”.

Proximamente sairá a convocatoria 2022 para novas persoas con inquedanzas e que queiran optar a potenciar as súas posibilidades mediante este tipo de bolsas.  Javier Cebreiros, un dos iniciadores do movemento social,  indica o desexo de que esta fora a primeira bolsa de moitas e emprazaba a tódalas persoas que de verdade queiran impulsar o talento local a achegarse a ensaia "para sumar; así como a tódalas mentes con grandes proxectos que non saben como canalizalos, a escribir para, pouco a pouco, facilitarlles oportunidades".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta