O Parlamento reclama a modificación da normativa de costas para protexer construcións tradicionais

O parlamentario do BNG Luís Bará deu a "benvida" aos populares nesta defensa, e subliñou a postura do seu grupo a favor de "pór de relevo a relación de Galicia co mar".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2021 | Actualizada ás 21:04

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia insta á Xunta a esixir ao Goberno central a modificación da normativa sectorial en materia de costas "que permita a protección e posta en valor" das construcións tradicionais preexistentes á lei de costas.

O texto, que partiu do PP e defendeu a deputada Marisol Díaz na comisión de ordenación territorial, destaca que son "elementos que contribuíron notoriamente a conformar a paisaxe característica do litoral galego".

Marisol Díaz concretou que a Xunta ten identificados 361 inmobles de valor ambiental, patrimonial e arquitectónico en servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

Pola súa banda, o parlamentario do BNG Luís Bará deu a "benvida" aos populares nesta defensa, e subliñou a postura do seu grupo a favor de "pór de relevo a relación de Galicia co mar".

Na súa quenda, a socialista Patricia Otero viu "bastante forte a palabra esixir" posto que "non é ter suficiente talante" e vinculouna co "autoritarismo ao que nos ten adoitado o PPdeG". Con todo, apoiou esta iniciativa, sen deixar de sinalar que é unha "pena que non se desen conta xa en 2014" desta necesidade.

Parlamento. CAPTURA
Parlamento. CAPTURA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta