CC.OO. incluirá un documental e un concurso escolar entre os actos dos 50 anos polo asasinato de Daniel e Amador

O programa de actos, inclúe a tradicional ofrenda floral institucional, a manifestación, unha mesa redonda coa participación de Unai Xordo, Ignacio Fernández Toxo e Nicolas Sartorius, ademais da entrega dos premios da Fundación 10 de marzo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2021 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

O sindicato CC.OO. organizará diversos actos en 2022 ao cumprirse o cincuenta aniversario dos tráxicos sucesos acontecidos o 10 de marzo de 1972, cando durante unha mobilización dous traballadores do sector naval, Amador Rey e Daniel Niebla, morreron ao recibir o impacto de balas efectuados por axentes da Policía.

En rolda de prensa ofrecida na sede comarcal deste sindicato en Ferrol, adiantáronse algúns destes actos, nunha cita na que estivo a secretaria xeral de CC.OO. Galica, Amelia Pérez; o responsable comarcal, José Furtado; un dos integrantes da súa executiva, Santiago Díaz; e o presidente da Fundación 10 de marzo, Xan María Castro.

"Estamos a piques de comezar un ano moi importante para nós, como Comisións Obreiras", explica Pérez. "Pretendemos lembrar todo o acontecido e reforzar a nosa memoria democrática, algo que é imprescindible sobre todo neste momento, onde estamos a mirar como certos discursos se están incrementando de modo preocupante", lamenta. "Desde CC.OO. ímolo a disputar e non imos tolerar que se tente reescribir a historia deste país", agrega.

"CIDADE REBELDE"

Pola súa banda, o secretario comarcal, José Furtado, apuntou que "é un verdadeiro orgullo iniciar un ano de conmemoración, de memoria histórica, de recordo de Amador e Daniel", os traballadores falecidos, "que foron compañeiros, exemplo de tantas loitas e aprendizaxes que están no noso ADN sindical e na historia desta comarca, nestes 50 anos de loita obreira na cidade rebelde".

Xan María Castro detallou que a Fundación 10 de marzo traballa na produción dun documental que recolle os feitos do 72 e que se proxectará no Teatro Jofre. O programa de actos, inclúe a tradicional ofrenda floral institucional, a manifestación, unha mesa redonda coa participación de Unai Sordo, Ignacio Fernández Toxo e Nicolas Sartorius, ademais da entrega dos premios da Fundación 10 de marzo.

Tamén haberá un concurso escolar que se realizará cos traballos realizados a partir dunha unidade didáctica específica que foi executada pola Editorial Galaxia e que se repartirá nos institutos da zona.

Roda prensa de CCOO pola presentación de actos polos 50 anos do 10 de marzo
Roda prensa de CCOO pola presentación de actos polos 50 anos do 10 de marzo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta