Galicia administra outras 35.000 doses contra a covid

755 delas foron para completar pautas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2021 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

O proceso de vacinación contra a Covid-19 segue en Galicia coa aplicación de máis de 35.000 doses, das que 755 foron para completar pautas, no marco da administración das vacinas de reforzo a maiores de 70 anos, en paralelo á inmunización de persoas que non puideron facelo ata a data.

Por tanto, 2.303.322 persoas galegas teñen pauta completa contra a covid-19 ao finalizar o proceso nas últimas 24 horas outras 755 persoas. Así, ascende ao 93,84% a poboación diana inmunizada --maiores de 12 anos-- e ao 85,30% os habitantes co proceso finalizado.

Segundo os datos publicados este sábado pola Consellería de Sanidade no 'Cronómetro de vacinación' con respecto á xornada do venres, recollidos por Europa Press, administráronse ata o momento 4.856.013 doses, que constitúen 35.251 máis que as rexistradas ata o día pasado e o 98,52% das 4.928.579 recibidas.

Por grupos de poboación por vulnerabilidade hai 20.037 persoas de alto risco coa pauta completa; 17.486 dependentes non institucionalizados e 27.727 institucionalizados. Mentres, 2.093.893 terminaron o proceso chamados pola súa idade. Por probabilidade de exposición, 72.354 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 27.116 do sociosanitario e 44.097 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.

A vacinación contra a covid segue en Galicia coa administración de segundas doses, así como coa inmunización de persoas que non a puideron recibir ata a data. Ademais, desde o venres 19 de novembro adminístrase a dose de reforzo en centros de vacinación masiva das sete áreas sanitarias a persoas de 70 a 79 anos.

Varias sanitarias preparan a terceira dose da vacina contra o Covid-19, a 19 de novembro de 2021, en Pontevedra. Beatriz Ciscar - Europa Press
Varias sanitarias preparan a terceira dose da vacina contra o Covid-19, a 19 de novembro de 2021, en Pontevedra. Beatriz Ciscar - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta