O brote na residencia do Carballiño permanece controlado e sen rexistrar máis positivos entre os usuarios

As saídas e entradas están restrinxidas e non se aceptan visitas polo de agora.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2021 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

O brote rexistrado na residencia de anciáns Irmáns Prieto, situada no concello ourensán do Carballiño, atópase controlado e mantén o número de casos detectados entre usuarios e traballadores.

As tarefas de cribado realizáronse durante a mañá do luns, seguindo o protocolo para estas situacións e despois de que a semana pasada se detectaran tres casos entre os residentes tras contaxiarse unha traballadora do centro.

O resultado é que a situación se mantén estable: non hai novos positivos e os tres residentes que deran positivo teñen a pauta completa de vacinación, así como a terceira dose de reforzo, e continúan asintomáticos.

Desde o centro trasladan, así, que o brote permanece controlado e a situación "está a evolucionar ben, manténdose as medidas" cos tres únicos residentes positivos illados, mentres que o resto de maiores continúan facendo vida normal.

Con todo, polo momento, mantéñense as decisións tomadas, están restrinxidas as saídas e entradas e non se aceptan visitas ata novo aviso.

Arquivo - Unha residencia de maiores de Galicia.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Unha residencia de maiores de Galicia.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta