Comeza a vacinación de reforzo para a poboación galega de entre 60 e 69 anos

Xa se administrou a terceira dose ao 69% de maiores de 70 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2021 | Actualizada ás 09:57

Comparte esta noticia

Os centros de vacinación masiva que reabriron o pasado 19 de novembro arrincarán este venres a administración da dose de reforzo para o colectivo de entre 60 e 69 anos, o obxectivo que ten o Sergas para antes de Nadal, xunto cos sanitarios e o persoal sociosanitario.

Segundo os datos do Ministerio de Sanidade, recibiron a dose completa 345.377 galegos de entre 60 e 69 anos, o 99,6 por cento da poboación diana neste grupo de idade.

Segundo o último informe publicado polo Ministerio de Sanidade, con datos deste luns, en Galicia puxéronse a dose de reforzo 366.330 maiores de 70 anos, o 69 por cento dos 531.156 galegos que completaron a pauta na primeira fase e que superan esa idade.

En canto aos vacinados coa monodosis de Janssen, hai un total de 27.805 galegos que contan xa coa dose de reforzo, o 22,48 por cento do total que recibiu este medicamento.

Dúas persoas acoden a un centro sanitario en Ourense a vacinarse / Rosa Veiga - Europa Press.  / Europa Press
Dúas persoas acoden a un centro sanitario en Ourense a vacinarse / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta