O Álbum de Galicia incorpora a Casto Sampedro, o primeiro director do Museo de Pontevedra

Foi protagonista dunha dilatada traxectoria intelectual e cultural.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/12/2021 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

A nova entrada do Álbum de Galicia, do Consello da Cultura Galega, incorpora a Casto Sampedro Folgar, primeiro director e fundador en 1927 do Museo de Pontevedra e protagonista dunha dilatada traxectoria intelectual e cultural.

Segundo lembra esta entidade, Sampedro Folgar foi arquitecto e fundador da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, un investigador interesado nas tradicións costumes e traballos das xentes do mar e un coleccionista de cantos, tocadas, bailes e instrumentos populares, con especial interese pola zanfona.

O Consello da Cultura lembra a súa pericia na transcrición da oralidade musical, chegando a establecer unha rede dun cento de colaboradores.

Casto Sampedro
Casto Sampedro | Fonte: Consello da Cultura Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta