O Partido da Terra abre as súas portas para elexir candidato ás europeas

Inicia un proceso, no que calquera galego pode participar, para elexir os seus cabezas de lista a estes comicios.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/03/2014 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Será das poucas formacións galega que concurra en solitario ás eleccións europeas. E, por iso, o Partido da Terra (PT), acaba de abrir a todos os cidadáns un proceso para que "todo o mundo que queira participar" como candidato. 

O secretário-geral do Partido da Terra da Galiza, Joám Evans Pim, no centro da imaxe
O secretário-geral do Partido da Terra da Galiza, Joám Evans Pim, no centro da imaxe

O Partido da Terra foi fundado en xullo de 2011 como unha plataforma "para provocar unha transformación radical e necesaria do concepto política, a través da reivindicación da democracia directa assemblear". Superando a definición tradicional de "partido", o PT concorrerá nas próximas eleccións europeas como "plataforma libre de demandantes comarcais", motivo polo cal inicia un proceso aberto para conformar unha Candidatura da Terra, no que calquera persoa poderá optar a integrarse nela ou participar na súa definición.

No seu "Proceso Aberto", destacan que os 54 postos da candidatura e as até 10 prazas de suplentes deben ser atribuídos "consecuentemente" a unha comarca ou comunidade no exterior. As persoas a ocupar cada un dos lugares da candidatura serán escollidos en asemblea aberta na que poderán participar todas as persoas inscritas para ese efecto. Posteriormente, a persoa electa fica vinculada so mandato imperativo ás decisións da asemblea que a designou.

Prazos

O prazo para a presentación formal da candidatura completa ante a Xunta Electoral iníciase o 16 de abril de 2014 finalizando o día 21. Por iso, no cadro deste Proceso Aberto, establecese como prazo límite para a presentación de candidaturas á listaxe da Candidatura da Terra o día 6 de abril e como prazo límite para a inscrición nas asembleas abertas que irán escoller cada integrante da candidatura comunitaria o día 8 de abril. As asembleas deben celebrarse entre os días 9 e 13 de abril.

Como funciona?

Para presentarse a candidatura a unha posición na Candidatura da Terra ao Parlamento Europeo, a persoa interesada non precisa ser membro da Mancomunidade do PT, deberá dar conta do: nome completo, correo, teléfono, enderezo e copia do documento de identidade a info@partidodaterra.net. Deberá encamiñar tamén unha breve síntese biográfica e unha breve exposición de motivos para concorrer --"un quen ves sendo"--. Estes datos serán públicos na páxina web específica das eleccións primarias.

Información completa: http://www.partidodaterra.net/candidatura-da-terra/

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

8 Reboiras

Menos mal que se apresenta umha candidatura genuinamente galega. Tendes o meu voto.

7 Ciudadana del mundo

Bueno, yo no soy galleguista pero a pesar de todo quería sumarme a las felicitaciones a este partido. Ya era hora de que el chamanismo, los OVNIs y la homeopatía entrasen en la agenda política. Gracias al Partido de la Tierra y a Lidia Senra, lo hemos logrado. Lo que no entiendo es que si son una fuerza política gallega y por lo tanto española, escriban en portugués, que en Galicia no lo entiende nadie.

1 Xamanismo

As respostas a essas perguntas dará-lhas o nosso Primeiro Xamã, doutor em homeopatia e procedente de Raticulín. Mantenha-se à espera.

2 Colapso Social

Não deixe de tomar as pílulas que lhe fornece o sistema e continue a viver feliz no seu mundo de yuppy.

6 rassing

Os meus parabens. Nom tanto polo que fam (que tamén); senón como o fan. Defendendo as suas teses mas sen insultar a outros. Con iso xa teñen gañado puntos e votos.

5 Galeguista.

De que Terra por que a estes portugueses non os coñece nin o amigo máis próximo do home invisible.

1 Menos mal que nos queda PT

Eu som-lhe da parte da Marinha. Você de que parte vem sendo? Saúde.

4 Ulo

Alguns erros: 1) Não se escolhem apenas as cabeças de lista... escolhe-se a listagem inteira (60 e pico pessoas, cada uma pola sua comarca); 2) Não é das poucas formações galegas que concorre em solitário: é a ÚNICA candidatura galega, com cabeça de lista galega, e lista inteira galega; 3) "Demandantes comarcais" não, "candidatas comarcais" diz o original. Polo demais, parabéns GC por ser o único meio do País que não censura e oculta o Partido da Terra!