Así celebrará os 25 anos o Batallón Literario da Costa da Morte

No acto presentarse unha edición facsimilar conmemorativa de 'Feros Curvos' e unha antoloxía poética dos autores do Batallón Literario.

Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 15/12/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Batallón Literario de Costa da Morte está de aniversario. E para conmemorar os 25 anos desta efeméride o vindeiro sábado 18 de decembro ás 18:00 horas no Parador, organizado por Parador de Turismo de Costa da Morte e a Secretaría  Xeral de Política Lingüística da Xunta, haberá un recital poético acompañado por unha actuación musical. 

Parador da Costa da Morte
Parador da Costa da Morte | Fonte: Paradores

A actuación musical correrá a cargo de Manoele de Felisa, que interpretará o seu último traballo discográfico 'Cancioneiro do  Camiño'. Mentres que, pola súa banda, os escritores da Costa da Morte Marilar Aleixandre -membro da Real Academia Galega-, Miro Villar, Concha Blanco, Alexandre  Nerium,  Estevo Creus, Mónica  Góñez, Serxio Iglesias, David Creus, Rafa Vilar e Modesto Fraga confirmaron a súa asistencia á celebración do aniversario.

A profesora e crítica literaria, Teresa Seara, encargarase de presentar un acto no que tamén

participarán Julio Castro, director do Parador de Costa da Morte, e Valentín García, Secretario  Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Durante o acto presentaranse dúas importantes obras para conmemorar a efeméride do Batallón Literario: unha edición  facsimilar conmemorativa de 'Feros Curvos', e unha antoloxía poética dos autores do Batallón Literario.

Segundo destacan dende Paradores, o acto transcorrerá cumprindo as medidas de aforo e seguridade  anti Covid.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta