Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/12/2021 | Actualizada ás 14:15
A Concellería de Promoción Económica e Turismo e a plataforma #PonteLovers suman unha iniciativa máis a vaga de talleres, actividades e ilusión que espallou por toda Pontevedra, incluíndo os seus barrios e parroquias.
O departamento que dirixe a socialista Yoya Blanco, en colaboración coa axencia Icon, convida a todos os pontevedreses a participar nunha campaña que, baixo o hashtag #VideoSelfiePontevedra, busca atopar 'O selfie máis famoso do Nadal'.
Tal e como sinala a edil do PSOE, "os cidadáns que se acheguen ata a Praza de España entre este xoves 23 de decembro e o martes 4 de xaneiro poderán probar unha espectacular cámara 360º, gravar un divertido vídeo, recibilo ao instante nos seus móbiles e, por suposto, compartilo nas súas redes sociais", subliña Yoya Blanco.
Este 'photocall' de 'O selfie máis famoso do Nadal' permanecerá aberto en horario de 12:30 a 20:00 horas, salvo os días 24 e 31 de decembro (nos que abrirá só de 12:00 horas a 16:00 horas). As fins de semana do 25 ao 26 de decembro e do 1 ao 2 de xaneiro non funcionará.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.