Volotea aumenta dúas novas rutas para voar desde A Coruña

As rutas que enlazarán Alvedro con Málaga e Valencia comezarán a operar a partir de abril de 2022.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/12/2021 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

Volotea, a aerolíña das pequenas e medianas cidades europeas, reforza a súa posición no aeroporto da Coruña co anuncio, de dúas novas rutas coas que enlazarán Alvedro con Málaga e Valencia a partir de abril de 2022.

Avión de Volotea. VOLOTEA
Avión de Volotea. VOLOTEA

A nova conexión con Málaga comezará a operar o 7 de abril cunha frecuencia de dous voos semanais (luns e xoves) e a ruta que une Alvedro con Valencia estará dispoñible o próximo 8 de abril tamén cunha frecuencia de dous voos semanais (luns e venres).

Volotea, que foi adxudicada destas novas rutas a través da licitación convocada polo Consorcio de Turismo da Coruña, ofrecerá un total de 74.000 novos asentos cos que colaborará coa promoción turística da cidade e axudará ao impulso da economía local.

Estas dúas novas rutas de carácter anual súmase á conexión que dende o pasado mes de abril une Bilbao con A Coruña. No que vai de ano, a aeroliña operou 118 voos dende o aeroporto coruñés, o que representa un crecemento do 59% respecto a 2020.

No tocante a pasaxeiros, Volotea transportou máis de 15.000, case o dobre que en todo o ano pasado. Dende que iniciase as súas operacións neste aeroporto en abril de 2019, Volotea operou un total de 346 voos e transportou a máis de 41.600 pasaxeiros no aeroporto da Coruña.

VOLOTEA

Volotea foi creada no 2011 por Carlos Muñoz e Lázaro Ros, fundadores de Vueling, e é unha das aeroliñas independentes de maior crecemento en Europa. Na actualidade conta con máis de 1.350 empleados en toda Europa e foi a aeroliña máis activa no verán do 2020, entre os seus principais competidores, no que se refire a ocupación de asentos, resultados operativos e satisfacción do cliente. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta