Folga indefinida dos profesionais de Otorrinolaringoloxía do CHUS por " humillacións e menosprezos" da xerencia

Os profesionais denuncian "a inoperancia e nula vontade negociadora da Xerencia do CHUS".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/12/2021 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

O persoal facultativo especialista do Servizo de Otorrinolaringoloxía do CHUS anuncia unha folga indefinida a partir deste mes de xaneiro e durante todos os martes "ante a inoperancia e nula vontade negociadora da Xerencia do CHUS".

CCOO denuncia que a Xerencia da área sanitaria segue sen dar solución alguna ao conflito, nin sequera ás cuestións organizativas que son da súa exclusiva competencia, e fíao todo á decisión que poida tomar a Inspección sanitaria. “Tal é a desidia da Xerencia no que respecta a esta situación, que nin sequera ten feito a preceptiva reavaliación da xefatura en tempo e forma tal e como esixe a normativa vixente”, apunta nun comunicado.

Otorrino nun hospital
Otorrino nun hospital | Fonte: XUNTA - Arquivo

A Federación de Sanidade de CCOO reitera que existe un conflito polo tratamento persoal e profesional entre o xefe de servizo e a maioría dos facultativos, que foi aumentando en número de traballadores e traballadoras afectadas, así como na intensidade “das faltas de respecto, humillacións e menosprezos”. O sindicato tamén constata un “caos organizativo” que atribúe a este responsable.ç

CCOO lamenta que a "inoperancia" da xerenta, Eloína Núñez, prexudique os doentes desta área sanitaria, e sinala que nos cinco días de paros correspondentes ao mes de decembro suspendéronse máis de 250 consultas.

O comité de folga ven de reunirse cos grupo parlamentarios do BNG e socialista, que amosaron o seu apoio ao persoal para acadar unha solución, e farán preguntas no parlamento ao goberno en relación a este conflito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta