O PP acusa a Pedro Sánchez de "castigar" a Galicia e esíxelle estender as desgravacións fiscais polo Ano Santo

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/01/2022 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

O PPdeG acusa o Goberno de Pedro Sánchez de estar "a discriminar" e "castigando" a Galicia por non estender as desgravacións fiscais polo Ano Santo Xacobeo 2022, algo que lle esixe aprobar.

A viceportavoz do PPdeG no Parlamento, Paula Prado
A viceportavoz do PPdeG no Parlamento, Paula Prado | Fonte: Europa Press.

Así o expuxo a viceportavoz do Grupo popular no Parlamento galego, Paula Prado, quen, sobre as desgravacións fiscais vinculadas ao Xacobeo, lamentou que "non votaron a favor" dunha emenda neste sentido na tramitación dos orzamentos xerais do estado para 2022 nin o PSOE nin os seus "socios de Goberno".

Para o PP galego, o Ano Santo ampliado a este 2022 "debe ser un motor de recuperación para que Galicia aproveite para achegar riqueza a todo o territorio".

Por iso, censurou que o apoio que si reivindica do Executivo da Xunta non estea "acompañado" do "compromiso firme por parte do Goberno central", debido á "escaseza" de investimentos e a "non extensión das desgravacións fiscais".

Neste sentido, reclama ao Goberno central "que atenda a vontade manifestada polo Parlamento e o Congreso e amplíe o programa de apoio ao Xacobeo" ata decembro de 2023, xa que ve "totalmente incomprensible" que faga "oídos xordos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta