Alertan da "grave contaminación" de augas na contorna da mina de Penouta, en Viana do Bolo

Ecoloxistas en Acción asegura que a contaminación con metais pesados é "persistente".

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 03/01/2022 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

A organización Ecoloxistas en Acción denunciou a existencia dunha "grave contaminación" de augas na contorna da mina da Penouta, situada no concello ourensán de Viana do Bolo.

Mina da Penouta, en Viana do Bolo
Mina da Penouta, en Viana do Bolo | Fonte: youtube.com

O colectivo afirma que esta situación foi denunciada ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, encargada da xestión da conca.

Ecoloxistas aseguran que a contaminación con metais pesados é "persistente" nas masas de auga próximas á explotación mineira, onde "se superan en varias ordes de magnitudes os valores máximos permitidos de arsénico, mercurio, cadmio e chumbo".

A plataforma asegura que esta situación figura en informes "en poder das administracións" e reclama á CHMS que determine o alcance da contaminación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta