A Casa-Museo Rosalía de Castro rematará as obras do auditorio esta primavera

Arrincaron o pasado mes de outubro e pretenden mellorar as condicións do auditorio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2022 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

O responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, visitou este martes as obras da reforma do auditorio da Casa-Museo de Rosalía de Castro, que está a financiar parcialmente esta institución con 60.000 euros. Os traballos iniciáronse en outubro de 2021 e o seu final está previsto para esta primavera de 2022.

A achega da Deputación foi acordada nun convenio de colaboración coa Fundación Rosalía para realizar as adaptacións e melloras que teñen que ver co confort térmico e a salubridade, tanto do espazo do volume principal como do soto, de acordo ás noticias normativas, así como adaptacións da mellora do confort acústico.

Ademais, a proposta inclúe a mellora das instalacións de electricidade e iluminación, así como as de audiovisuais atendendo aos usos actuais e futuros, ademais dunha rampla de acceso que permita acceder a todas as persoas en condicións de igualdade. O resto do financiamento, que supón un total de 170.000 euros, é achegado pola Xunta de Galicia e a propia Fundación Rosalía de Castro.

O responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, visita  as obras de reforma do Auditorio de Cásaa-Museo de Rosalía de Castro. TORRECILLA
O responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, visita as obras de reforma do Auditorio de Cásaa-Museo de Rosalía de Castro. TORRECILLA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta