Allariz reciclou o pasado 2021 un 10% máis de aceite

Recolléronse 3650 quilos de aceite doméstico usado evitando a contaminación duns 4.015.000 litros de auga.

Por X.M. Fernández | Allariz | 12/01/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Durante o ano pasado no Concello de Allariz recolléronse 3650 quilos de aceite de fritir usado. A falta de coñecer os datos do mes de decembro, no 2020 recolléranse 3310 quilos, o que supón xa un incremento do 10% con respecto ao ano anterior.

Colectores de aceite. Foto: Concello de Allariz.
Colectores de aceite. Foto: Concello de Allariz.

Os responsables municipais están moi satisfeitos con estos datos e lembran que os colectores habilitados para depositar estes residuos están distribuídos por Allariz en 13 puntos.

Con esta recollida de residuos calcúlase que se evitou a contaminación duns 4.015.000 de litros de auga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta