Reaberto o acceso ao público do peirao de transatlánticos do porto da Coruña

O peirao de Batería mantén o seu acceso directo nun horario que se adapta ao da exposición fotográfica de Peter Lindbergh.

Por E.P. | A CORUÑA | 12/01/2022 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

A Autoridade Portuaria da Coruña abriu de novo o peirao de transatlánticos ao acceso público, unha vez que o permitiu o calendario de cruceiros á espera de que chegue unha nova tempada alta, a partir do mes de marzo.

Segundo informa, deste xeito, os peóns poden acceder a Transatlánticos pola súa entrada principal, fronte ao edificio do Real Club Náutico. O peirao está, ademais conectado co de Batería, no que permanece aberta a exposición de fotografías de Peter Lindbergh.

"Con esta reapertura refórzase a aposta da Autoridade Portuaria por achegar o porto da Coruña á cidadanía, na medida en que sexa posible compatibilizalo coa actividade portuaria", explica.

De acordo coas actuais previsións de chegada de cruceiros, o peirao de transatlánticos será accesible desde hoxe ata o 16 de xaneiro; entre o 19 e o 26 de xaneiro; do 29 de xaneiro ao 20 de febreiro; e entre o 23 e o 28 de febreiro, sempre de 10,00 a 18,00 horas.

O peirao de Batería mantén ademais o seu acceso directo pola porta de Entrejardines, nun horario que se adapta ao da exposición fotográfica: desde as 10,00 ás 21,00 horas os luns, martes, mércores e domingo; de 10 a 22 horas os xoves; de 10 a 20 horas os venres; e de 11,00 a 21,00 horas os sábados.

Porto da Coruña /  M. Dylan - Europa Press. / Europa Press
Porto da Coruña / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta