Os galegos, entre os que máis sorrín durante a fin de semana

Por diante de Galicia, só se atopa A Rioxa, Navarra e Murcia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/01/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O riso é esa habilidade única nos humanos que nos fai ser máis felices e sans. Segundo a ciencia, esta achéganos unha gran variedade de beneficios e, a pesar de que o Estado español posiciónase como un dos destinos máis alegres de Europa, tan só un 29,9% dos españois afirma facelo máis de 15 veces ao día.

Dous rapaces sorrindo
Dous rapaces sorrindo | Fonte: SmileDirectClub

Isto implica que un 70,1% dos españois afástase desta cifra: e é que o 42,5% afirma sorrir entre 6 e 15 veces ao día (44,3% durante as fins de semana), o 24,9 % di apenas sorrir, e o 2,8% restante indica que non sorrí nunca.

Un estudo de SmileDirectClub, di que as comunidades autónomas que están máis satisfeitos cos seus sorrisos son A Rioxa (83,3%), Aragón (78,6%), Navarra (77,8%), Murcia (77,3%) e Valencia (75,9%).

Estes datos están aliñados cando falamos das autonomías onde máis se sorrí, especialmente se nos centramos na fin de semana: en Navarra afirman que o 55,5% sorrí máis de 15 veces ao día, seguidos polos rioxanos (50%), murcianos (45,5%) e galegos (44,3%).

No bando oposto, Cantabria é a rexión onde menos satisfeitos están co seu sorriso: o 75% dos cántabros afriman que non están satisfeitos co seu sorriso, unha cifra que está moi lonxe da media estatal (29%). Entre as CCAA que máis descontentas están cos seus sorrisos, a Cantabria séguenlle Baleares (40,9%), Asturias (40%) e Canarias (35,5%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta