A CIG denuncia que o cambio da Xunta do protocolo covid en Infantil "está fóra de lugar"

A central nacionalista pon o foco tamén na falta de máscaras FFP2 para o persoal docente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2022 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

A CIG-Autonómica asegurou, este sábado nun comunicado a prensa, que o novo protocolo covid da Xunta para Educación Infantil "está fóra de lugar" e que "se esquece da casuística das escolas infantís". A organización sindical recriminoulle ao Executivo galego que iguale o tratamento das aulas de cero a tres anos co do resto da educación infantil, polo que só se se alcanza o 20% de cociente da aula ou máis de cinco positivos se pode confinar ao resto de crianzas.

Os sindicalistas argumentaron que nestas aulas as condicións son distintas ao resto, principalmente porque os nenos destas idades non utilizan ningún tipo de máscara e non manteñen a distancia social. Por este motivo, a CIG recriminou que a instrución da Xunta, en caso dunha porcentaxe de contaxios inferior a ese 20%, sexa utilizar máscara e vixiar o cumprimento da distancia social.

Así mesmo, a central nacionalista esgrimiu unha serie de motivos polos cales atopan o novo protocolo como "ineficiente", entre elas, que ademais de que a cativada non manteña a distancia, comen xunta e dorme no mesmo espazo. Sobre isto último, destacaron que a ventilación dedito espazo está limitada pola necesidade de ter unha temperatura adecuada para os nenos.

Outra das demandas da CIG é a falta de máscaras FFP2 para o persoal docente, sobre o que lembraron a sentenza do TSXG que condena á Xunta a facilitar este equipo aos profesores, sentencia que o Goberno autonómico recorreu.

Neno xoga nun centro educativo / Xunta.  / Europa Press
Neno xoga nun centro educativo / Xunta. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta