A CIG convoca mobilizacións en 11 concellos para esixir a derrogación "real" das reformas laborais

As protestas do domingo faranse de forma conxunta en País Vasco e Cataluña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2022 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

A CIG convoca mobilizacións en 11 concellos galegos este domingo, 23 de xaneiro, para esixir a derrogación "real" das reformas laborais. En concreto, estas protestas realizaranse nas sete cidades e Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Ribeira e Cee. As manifestacións comezarán ao mediodía, salvo en Santiago e Ourense (11,30 horas).

Ademais, o día que se celebre o pleno no Congreso no que se convalide a "fraude" do decreto da nova reforma, que previsiblemente será o 3 de febreiro, o sindicato tamén se concentrará ante a Delegación do Goberno na Coruña e as subdelegacións de Pontevedra, Ourense e Lugo.

As protestas do domingo faranse de forma conxunta en Galicia, País Vasco e Cataluña "en resposta ao novo ataque á clase traballadora que supón esta reforma laboral que significa maior precariedade e o aumento da centralización da negociación colectiva".

Con esta reforma laboral, "o Goberno do PSOE e Unidas Podemos incumpriu a promesa que tantas veces anunciara, posto que non se derroga a reforma laboral de 2012 imposta polo PP. De feito, acusa a UGT e CC.OO. de "encartarse aos intereses da patronal".

Sostén que se manteñen as medidas "máis lesivas do PP", entre as que apunta a que: "o despedimento segue sendo igual de fácil e barato"; non se recuperan os salarios de tramitación en despedimentos improcedentes; non se recupera a nulidade dos despedimentos en fraude de lei; segue en vigor o 10% da desregulación da xornada laboral; incorpóranse novos contratos de formación e temporais, así como de modalidades de ERTE "que profundarán na precariedade"; e mantense a prevalencia do convenio estatal fronte aos galegos e provinciais.

Protesta da CIG para esixir a derrogación das reformas laborais. CIG
Protesta da CIG para esixir a derrogación das reformas laborais. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta