O filólogo Henrique Monteagudo sinala que o galego saíu "ferido de gravidade" tras a ditadura franquista

O tamén coordinador do Seminario de Sociolingüística e vicesecretario da Real Academia Galega (RAG) a unha represión "difusa" que alcanzou "ao conxunto da poboación e que ten que ver coa mobilización a través de aparellos ideolóxicos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2022 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

Un estudo do coordinador do Seminario de Sociolingüística e vicesecretario da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, incide no "enfraquecemento" que supuxo para o galego o franquismo.

"Sae ferido de gravidade, antes do franquismo estaba ferido, pero non de gravidade, despois do franquismo está máis debilitado", expuxo, en rolda de prensa, con motivo da presentación da publicación 'O idioma galego baixo o franquismo"'.

Xunto á "actuación represiva directa", apuntou a outra "difusa" que alcanzou "ao conxunto da poboación e que ten que ver coa mobilización a través de aparellos ideolóxicos", engadiu tamén.

Monteagudo fixo estas consideracións nunha presentación xunto ao presidente da institución académica, Víctor F. Freixanes, e a secretaria, Margarita Ledo.

"Este libro é unha crónica necesaria dos esforzos da sociedade galega", dixo Freixanes sobre o papel desta para dar continuidade ao galego. "É unha crónica de represión e resistencia", indicou tamén o seu autor que o considerou necesario para que a xente, sobre todo a máis nova, coñeza "unha historia moi descoñecida".

Arquivo - O vicesecretario da RAG, Henrique Monteagudo, presenta un libro sobre o galego e o franquismo. MIGUEL GRANDÍO - Arquivo
Arquivo - O vicesecretario da RAG, Henrique Monteagudo, presenta un libro sobre o galego e o franquismo. MIGUEL GRANDÍO - Arquivo | Fonte: Europa Press

A secretaria da RAG, Margarita Ledo incidiu en que houbo "unha maquinaria desgaleguizadora", apuntando tanto ao ámbito educativo como aos medios de comunicación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta