O Teatro Colón acolle este venres a estrea do espectáculo 'Come and Go'

A peza está dirixida por Helena Salgueiro e interpretada por ela mesma, Iria Sobrado e Ana Xesto.

Por E.P. | A CORUÑA | 24/01/2022 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

O Teatro Colón acolle este venres a estrea do espectáculo 'Come and Go. Dramatícula No 121-127', un proxecto que conta co respaldo da Deputación da Coruña, segundo informa o organismo provincial.

Dirixida por Helena Salgueiro e interpretada por ela mesma, Iria Sobrado e Ana Gesto, trátase dun espectáculo que se basea nun dos textos menos coñecidos, pero máis valorados pola crítica, do dramaturgo irlandés Samuel Beckett.

A entrada para a función, que mestura danza, teatro, instalación visual e performance, é gratuíta previa reserva. Contará con tradución simultánea á linguaxe de signos e, ao termo da mesma, haberá unha charla moderada por Sabela Mendoza.

OUTRAS ACTIVIDADES

Por outra banda, dentro das actividads que apoia o organismo provincial, un centenar de nenos e nenas das comarcas de Compostela e Barbanza participan na campaña de esquí 2022 da Deputación, organizada en Asturias.

Trátase de cen escolares de entre 11 e 15 anos dos concellos de Ames, Boiro, Brión, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois.

Espectáculo teatral. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Espectáculo teatral. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta