A Xunta ameaza con levar o Goberno aos tribunais se non modifica a lei de vivenda

Ángeles Vázquez asegura que a norma "non beneficia a ninguén" e, por riba, resulta inconstitucional.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2022 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, remarcou que a Xunta está disposta a acudir aos tribunais se o Goberno non modifica o anteproxecto da Lei de Vivenda, do que dixo que "dificulta" as competencias autonómicas "e non beneficia a ninguén". En declaracións á Radio Galega, recollidas por Europa Press, e despois de que un informe do Consello Xeral do Poder Xudicial incida nesta cuestión, a conselleira insistiu en que a Xunta "xa advertiu da inconstitucionalidade" do texto, que cualificou de "moi prexudicial".

"A lóxica lévanos a pensar que tería que haber un retroceso neste texto e así llo fixemos saber", dixo sobre o trasladado desde a administración galega á estatal. De non haber cambios, asegurou que á Xunta non quedará "outra" que recorrer aos tribunais. "Afecta os promotores, sobre todo de vivenda protexida, e aos que necesitan vivenda e a propietarios", manifestou sobre un texto que, ao seu xuízo, obedece a "intereses particulares dun partido". "O Goberno atribúese competencias das que carece cando regula a vivenda protexida", dixo, entre outras cuestións, ao criticar o contido da citada lei.

Mentres, preguntada polo bono novo para o aluguer aprobado polo Goberno, reprochou ao Executivo que non houbese "conferencia sectorial" e que non se concretase que "vai corresponder" a Galicia. "Non se pode alardear de dicir que se vai a dar axuda para que os mozos se emancipe", insistiu a conselleira de Medio Ambiente, quen, remitíndose ao plan estatal con vixencia ata o ano pasado, dixo que xa existían axudas e "de maneira consensuada". Deste bono novo, asegurou que o Executivo o sacou "da chistera" e reclamou continuar na liña do plan estatal de 2018-2021.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, visita o barrio coruñés de Xuxán. MONCHO FONTES
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, visita o barrio coruñés de Xuxán. MONCHO FONTES | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta