Empresariado galego avoga por "acelerar" as renovables para "crear emprego"

Galicia participou con 195 propostas de renovables por valor de 23,5 millóns nas consultas do Goberno dentro do Plan de Recuperacion

Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/01/2022 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

Empresariado galego avoga por "acelerar" a produción de enerxías renovables como vía para reducir o prezo da enerxía, crear emprego e loitar contra o cambio climático. Esta foi unha das reflexións que se abordaron na xornada 'Emprego e sustentabilidade en Galicia no 2022', organizada pola empresa Iberdrola e na que participaron o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e o presidente de patronal galega, Juan Manuel Vieites, entre outros.

A xornada foi aberta polo delegado de Iberdrola en Galicia, Francisco Silva, quen se referiu á transición ecolóxica que pide Europa como unha vía para solucionar a "crise enerxética grave" que se atravesa pola "dependencia" da Unión Europea de fontes fósiles externas. "Hai que acelerar as enerxías renovables como maneira de reducir esta crise de prezos enerxéticos en Europa elevados, ao mesmo tempo que loitamos contra o quecemento global", sinalou para destacar tamén que se trata dunha "oportunidade de creación de emprego, sustentable e moi diversificado".

Na súa intervención, sinalou que estas renovables se deben implantar "con respecto a todas as normativas ambientais". "Se unha instalación non se debe montar nun sitio, non se monta, pódese montar noutro", indicou para avogar por explicar á cidadanía os beneficios. Ademais, incidiu en que o "atraso" na implantación das renovables supón "seguir queimando combustibles fósiles e quentando o planeta". "Débense implantar con respecto á normativa pero da forma máis rápida posible", sostivo nunha intervención na que defendeu a potencialidade da eólica mariña, ademais da terrestre.

Na cita, o presidente da patronal galega, Juan Manuel Vieites, tamén puxo en valor a "potencialidade" que Galicia ten no ámbito das enerxías renovables e considerou necesario "acomodarse" aos novos postos de traballo que se irán creando. Tamén fixo fincapé na importancia de acelerar a implantación destas enerxías, asegurou que "a iniciativa privada ten que xogar un papel fundamental" e sinalou a necesidade de que as administracións establezan o "campo de xogo adecuado" para que este sector poida desenvolverse e xerar emprego de face ao futuro

Xornadas de Eprego e Sostenibilidade organizdas por Iberdrola en Santiago de Compostela. IBERDROLA
Xornadas de Eprego e Sostenibilidade organizdas por Iberdrola en Santiago de Compostela. IBERDROLA | Fonte: Europa Press

Ademais, incidiu na importancia do diálogo social para abordar "calquera reforma de calibre" e chamou a atención sobre a formación como "factor calve". "A transición ecolóxica veu para quedar, os sistemas produtivos teñen que cambiar, tardaremos un pouco máis ou un pouco menos, pero na velocidade estará que os países sexan máis ou menos punteiros", afirmou para sinalar que "Galicia non pode perder este reto".

CASE 200 PROPOSTAS

No acto, o delegado do Goberno, José Miñones, destacou que Galicia está en condicións "óptimas" para captar os fondos que oferta o Plan Estratéxico de enerxías renovables, hidróxeno renovable e almacenamento (PERTE ERHA) e que ascenden a 6.920 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Miñones mostrouse convencido polo potencial de Galicia como produtora de enerxía renovable e o protagonismo que tiveron as propostas de Galicia no proceso de consultas previo á aprobación do PERTE sobre Renovables. Así, lembrou que empresas e administracións galegas achegaron 195 propostas ás distintas manifestacións de interese sobre transición enerxética convocadas polo Goberno "con proxectos vinculados a un investimento superior a 23.500 millóns de euros".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta