#Tongo?... o xurado do 'Benidorm Fest ' deixa fóra de Eurovisión ás Tanxugueiras

Chanel, a preferida das integrantes españolas do xurado, será a representante do Estado no festival. Tanxugueiras foi a opción máis votada no voto popular e no voto demoscópico.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/01/2022 | Actualizada ás 00:14

Comparte esta noticia

Tanxugueiras non representará ao Estado español en Eurovisión, malia ser a opción máis votada no voto popular e no voto demoscópico. A razón volveu ser o xurado 'profesional', que decidiu outorgarlle ás galegas uns escasos 30 puntos, deixando ás pandeireteiras sen ningunha posibilidade de ser as representantes do Estado. A elixida será, xa que logo, Chanel, a "preferida" das integrantes españolas dese xurado.

Tanxugueiras no Benidorm Fest. RTVE
Tanxugueiras no Benidorm Fest. RTVE

O tratamento do xurado ao grupo galego volveu suscitar apupadas por parte do público e, unha vez se coñeceu o resultado final das votacións, puidose escoitar no 'Benidorm Fest' ao público coreando 'Tanxugueiras' e 'Rigoberta', que eran as súas preferidas.

As galegas volveron realizar unha actuación maxistral e incidiron en que representaban a un Estado diverso con linguas e culturas diferentes e, sobre todo, ás mulleres, das que mama a súa música. Pero ao xurado, iso non lle importou. Volveu facer como fixo nas semifinais e relegalas á quinta posición, sen posibilidade xa dunha remontada.

Aos poucos segundos de coñecerse a decisión do xurado, as redes fervían asegurando que se trata dun novo "tongo" xa que as preferidas desde un primeiro momento eran Rigoberta Bandini e as Tanxugueiras que quedaron de segundas e terceiras, respectivamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Sentidiño

O día que as tres españolas do xurado descubran a Mercedes Peón... rebéntalles a cabeza!

4 El Ciz

A Serrat hai máis de 50 anos polo menos llo prohibiron, directamente. Por certo non se sabe nada del, seica segue retirándose.

3 carlareyamazona

É un tongo!!! 1:A moita xente no deixáballe votar a Tanxu ou a Rigo 2:A coreógrafa Myriam do xurado traballou anteriormente con Chanel. 3:Non é xusto que 5 peroas decidan por toda España. 4: a canción de Chanel tiña un 44,1% de Inglés incumprindo a regra do benidorm fest de que non pasara do 35%. 5: Toda España elixiu como primeira opción a Tanxu e como segunda a Rigo e é inxusto que 5 persoas poidan cambialo. Estades de acordo??? O xurado tiña medo de que gañase Tanxu por iso lles pusieron poucos puntos, pero é un a vergonza poñélas á altura de Xeinn e por de baixo de Blanca Paloma. Que vergonza de xurado!!!

2 carlareyamazona

1 Gamela

Chanel Nº5 é máis do estilo do Presidente Sánchez (?) Esta "democracia" sin siquera é válida para votar unha canción... Mentras tanto todos empeñados en vivir nunha eterna campaña electoral de plástico !