As sete grandes cidades galegas piden 3,7 millóns de euros para modernizar a Administración local

Haber unha nova convocatoria aberta á totalidade de municipios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2022 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou este domingo a acollida das sete cidades galegas á primeira das convocatorias abertas para a modernización e dixitalización das administracións locais dentro do Plan Recuperación, Transformación y Resiliencia do Goberno de España, solicitando entre todas 3,7 millóns de euros.

Nun comunicado explican que se trata da convocatoria aberta polo Ministerio de Política Territorial o pasado mes de novembro e que, neste momento, está en fase de avaliación de proxectos, unha vez pechado o prazo de solicitudes. "Esta é unha nova mostra de como os fondos do Plan de Recuperación do Goberno chegan aos concellos e á cidadanía de toda Galicia", remarcou Miñones.

Así, as sete cidades galegas presentaron proxectos por valor de 3.676.347,82 euros, que esgotan practicamente o total do que lles preasignara o Ministerio para esta convocatoria, que estaba destinada a capitais de provincia e municipios maiores de 50.000 habitantes.

En concreto, e de forma provisional, Santiago de Compostela recibiría 364.004,74 euros; A Coruña, 921.112,64 euros; Ferrol, 237.763,80 euros; Lugo, 366.500,93 euros; Ourense, 393.002,95; Vigo, 1.084.686,76 euros; e Pontevedra, 309.276,00 euros.

Esta primeira orde conta cun orzamento total de 97,2 millóns de euros que o Ministerio de Política Territorial distribuíu entre as entidades beneficiarias para garantir a cohesión na repartición territorial dos fondos.

Doutra banda, o delegado animou ao resto de concellos de Galicia a que preparen as súas iniciativas de face á nova convocatoria que lanzará proximamente o Ministerio de Política Territorial e que estará aberta á totalidade de municipios, independentemente da súa poboación. Esta contará cun orzamento de 191 millóns de euros. O ano próximo haberá unha máis de igual contía ata esgotar os 391,4 millóns de euros que o Ministerio de Política Territorial xestiona nesta liña de investimento.

José Miñones insistiu en que estes fondos "supoñen unha boa oportunidade para que as cidades galegas melloren e modernicen a súa organización".

ACCIÓNS SUBVENCIONABLES

Entre as accións subvencionables, que para ser susceptibles de financiamento deben estar xa en desenvolvemento por parte das Administracións beneficiarias, está a posta en marcha dun centro de operacións de ciberseguridade (de execución obrigatoria); ou unha administración orientada ao cidadán, desenvolvendo os tres servizos máis utilizados en modo App móbil ou a través dunha interface adaptable integrada no Portal Cidadán da AGE.

Tamén as operacións intelixentes, tales como a posta en marcha dun proxecto para automatizar procesos de prestación de servizos ao cidadán; e o desenvolvemento ou adaptación de servizos exentos de barreiras transfronteirizas para cidadáns e empresas europeas. O período de execución dos proxectos subvencionados abarca desde o 1 de febreiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2022.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, comparece ante os medios en Santaigo de Compostela. DELEGACIÓN DO GOBERNO
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, comparece ante os medios en Santaigo de Compostela. DELEGACIÓN DO GOBERNO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Vigo xa chupou 2M para promoción turística a dedo ! Esto recorda ao Plan E (Zapatero) https://flic.kr/p/8cRFu5 O malo é que hoxe vai cara a facer aínda máis inaccesible a Administración Local, canto máis dixitalizada menos cercana e máis imposible facer reclamación algunha ! O mesmo que están a facer os bancos cos vellos farán os Concellos con todo dios ! Descarga Certificado, Carga Firma Dixital, Adxunta Planos en Formato PDF etc etc etc... Os cartos nunca chegarán aos cidadadáns... !!!