Buscan unha muller desaparecida na zona do Faro de Mera

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/02/2022 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

Salvamento Marítimo e Garda Civil coordinan o operativo de procura dunha muller desaparecida nos arredores do Faro de Mera, no concello de Oleiros, onde se despregaron dous helicópteros (por quendas) e varias embarcacións, así como vehículos para o rastrexo terrestre.

Segundo informou Salvamento Marítimo, participan na procura o helicóptero Helimer 401 e o Pesca 2 de Gardacostas de Galicia, que se turnan nos rastreos; así como a embarcación Salvamar Betelgeuse e outro barco da Cruz Vermella.

Dispositivo de procura dunha persoa desaparecida nos arredores do Faro de Mera (Oleiros)
Dispositivo de procura dunha persoa desaparecida nos arredores do Faro de Mera (Oleiros) | Fonte: Concello de Oleiros.

Por terra tamén se despregaron medios para a procura, nos que participan ademais o Servizo Municipal de Emerxencias e a Policía Local, segundo confirmou o Concello de Oleiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta