Setecentos ingresados por COVID en Galicia a pesar de que os casos activos seguen en descenso

Por contra, faleceron co virus 2.972 persoas, polo que nas últimas horas Galicia rexistrou tres novos mortos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2022 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

Galicia volveu a reducir a cifra de persoas que están a pasar a covid-19 ata as 57.657, que son 2.740 menos que hai un día. Ademais, os contaxios notificados a diario caeron ata os 3.081, despois de dous días na contorna dos 5.000, aínda que este descenso pode estar relacionado cunha baixada das probas realizadas.

Varias persoas fan cola para facerse PCR, nun punto móbil de PCR gratuítas no Naútico de Vigo, a 23 de decembro de 2021, en Vigo, Pontevedra, Galicia (España). Decenas de persoas fixeron máis de tres horas de cola desde esta madrugada para fai. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Varias persoas fan cola para facerse PCR, nun punto móbil de PCR gratuítas no Naútico de Vigo, a 23 de decembro de 2021, en Vigo, Pontevedra, Galicia (España). Decenas de persoas fixeron máis de tres horas de cola desde esta madrugada para fai. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Con todo, a cifra de hospitalizados nas últimas horas disparouse ata os 691 ingresados, 48 máis nun día. Así, de acordo cos datos publicados pola Consellería de Sanidade este domingo, con información recollida ata as 18,00 do sábado, son 645 pacientes en planta --46 máis-- e outros 46 en unidades de coidados intensivos (UCI) --dúas máis--.

Os hospitalizados soben en todas as áreas sanitarias fóra das de Ferrol e Lugo-A Mariña-Monforte. Nesta última reducíronse ata os 67, tres menos. De todos eles, sete están críticos --non varían--. Mentres tanto, os hospitais ferroláns mantéñense sen cambios: 40 enfermos de covid, dos que dous están na UCI.

Do resto de áreas, a da Coruña-Cee rexistra o maior aumento con 21 ingresados máis, ata os 203, dos cales 14 --baixan nun, iso si-- están en coidados intensivos.

Na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras xa son 112 os hospitalizados (+9), dos que catro (sen cambios) están en UCI; e na de Vigo elévanse ata os 89 (+10), seis deles críticos (+1).

A de Pontevedra-O Salnés rexistra 82 hospitalizados (+10), deles oito na UCI (+2); e a de Santiago-Barbanza notifica un repunte mínimo, ata os 98 ingresados (+1), aínda que non varía a súa cifra de cinco en unidades de coidados intensivos.

CASOS ACTIVOS

Con respecto aos casos activos, é dicir, ao número total de persoas que actualmente padecen covid-19, a cifra diminuíu por segundo día consecutivo ata os 57.567, que son 2.740 menos nun día. Esta baixada replicouse, de novo, no sete áreas sanitarias.

A que máis pacientes de coronavirus atende é a de Vigo, con 14.935, tras reducirse en 789 na última xornada. Séguenlle a da Coruña, con 12.360 (-575); e a de Santiago, con 9.963 (-435).

Con menos casos activos de covid-19 sitúanse a área de Pontevedra, que rexistra 6.057 (-232); a de Lugo, con 5.916 (-301); a de Ourense, con 5.671 (-244); e a de Ferrol, con 2.665 (-164).

CONTAXIOS BAIXAN A 3.000

En canto aos novos contaxios por coronavirus rexistrados en 24 horas, a Comunidade galega notifica 3.081 novos, o que implica unha redución de 1.831 nun día. De feito, é un importante descenso sobre os 4.900 notificados o sábado e o venres.

Todas as áreas sanitarias rexistraron unha baixada dos infectados diarios. Así, en Vigo diminuíronse ata os 725 novos positivos (-504) e na Coruña ata os 656 (-361).

De igual modo, en Santiago baixaron a 567 contaxios nun día (-343); en Pontevedra, a 358 (-167); en Lugo, a 315 (-169); en Ourense, a 299 (-185); e en Ferrol, a 161 (-74).

Así, desde o inicio da pandemia contraeron o coronavirus en toda Galicia 449.072 persoas. Por áreas, 107.316 correspóndense coa de Vigo; 94.737 coa da Coruña-Cee; 69.395 con Santiago-Barbanza; 53.592 con Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras; 52.278 con Pontevedra-O Salnés; 46.317 con Lugo-A Mariña-Monforte; e 25.437 coa de Ferrol.

Segundo os últimos datos ofrecidos polo Ministerio de Sanidade na tarde do venres, Galicia conta cunha incidencia acumulada a 14 días de 2.701,43 positivos por cada 100.000 habitantes, por encima dos 2.299,44 puntos que rexistra toda España.

PROBAS

A baixada dos contagios detectados pode estar relacionado co menor volume de probas diagnósticas realizadas no último día. Desde o inicio da pandemia, realizáronse en Galicia 3.595.740 PCR tras sumar 6.298 feitas nas últimas 24 horas, sobre 500 menos que a xornada anterior.

Do mesmo xeito, fixéronse 4.286 test de antíxenos nun día, uns 2.200 menos que o anterior, ata sumar 1.443.791 test deste tipo durante esta crise sanitaria.

Así, Sanidade sitúa a taxa de positividad das probas PCR (o número de probas que dan resultado positivo de cada 100 realizadas) no 19,7%, unha cifra moi superior ao 5% que fixa a OMS como límite para dar a pandemia por controlada.

Desde o inicio da pandemia 388.583 persoas en Galicia superaron a covid, das que 5.818 recibiron o alta epidemiolóxica na última xornada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta