Unha canción promocional do Camiño, a música que representará a Galicia no Eurovisión de linguas minorizadas

O teu camiñar, de Carolina Rubirosa, será a representación galega no Liet Internacional.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/02/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Galicia competirá no Liet Internacional, o "Eurovisión" das linguas minorizas, con "O teu cantar", unha canción promocional do Camiño Inglés de Santiago, composta por Carolina Rubirosa e protagonizada por Julia Baird, irmá de John Lennon. 

Carolina Rubirosa, intérprete de 'O teu camiñar', representante galega no Eurovisión das linguas minoritarias
Carolina Rubirosa, intérprete de 'O teu camiñar', representante galega no Eurovisión das linguas minoritarias | Fonte: DM

A peza rende homenaxe a todos os peregrinos do mundo e a Lennon, que nos anos 70 proxectou facer o Camiño de Santiago xunto a Salvador Dalí.  É unha inciativa do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, co patrocinio de Xacobeo e o videoclip da canción recibiu o Segundo Premio a mellor videoclip de turismo relixioso no Festival Art&Tur International Filme Festival de Aveiro, Portugal.

Esta canción competirá o próximo 13 de maio no Eurovisión das linguas minorizadas, Liet International, que terá lugar en Tønder (Dinamarca). Ademais de Galicia, até unha ducia de territorios con lingua propia actuarán nesta cita organizada polo Consello de Europa. ataluña, as illas de Córsega e Sardeña, o condado inglés de Cornualles, as provincias holandesa e alemá de Frisia Occidental e Setentrional, as rexións danesas de Iutlandia Meridional e Slevig-Holstein, o estado alemán de Sajonia, os pobos Sami e Tatar e o cantón italiano de Tirol do Sur tomarán partido nesta celebración da música que pon en valor a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias.

O galego competiu en sete ocasións. Durante este tempo recibiu dúas medallas de prata, da galega-suíza Nastasia Zürcher con Espertos (2018) e o silledense Narf con Santiago (2006) e un bronce coa mosense Uxía por Cadeas (2004). Mentres, as pandeireteiras tudenses Anubía (2003) conseguiron un quinto lugar con Nai e o grupo ferrolán Boy Elliott (2008) e o da emigración Mafia Galega (2010) levaron dous décimos postos. Pola súa banda, Carolina Rubirosa (2020+1) non se clasificou en ningunha posición na última convocatoria dado que se trataba máis dunha festa que dunha competición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta