A valedora do Pobo dá a razón á Deputación de Lugo ao denegar ao PP o acceso ás naves de Begonte e Santa María

O Goberno provincial pide aos conservadores que "deixen de andar dando espectáculo e que traballen pola provincia".

Por E.P. | Lugo | 10/02/2022 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

A valedora do Pobo dá razón á Deputación de Lugo ao denegar ao PP o acceso ás naves de Begonte e Santa María, despois das queixas formuladas polos deputados provinciais populares Javier Jorge Castiñeira e Óscar Poy.

Deputados do PP de Lugo presentan unha queixa ante a Valedora do Pobo. PP DE LUGO
Deputados do PP de Lugo presentan unha queixa ante a Valedora do Pobo. PP DE LUGO

Na súa resolución, a valedora avala que a Deputación impedise o acceso no caso das naves de Begonte porque o estado das instalacións non garante a seguridade das persoas, "sen prexuízo de que iso deba liquidarse o máis pronto posible para permitir o exercicio da supervisión informativa" que se pretende facer por parte dos deputados.

No tocante ás naves do Fogar de Santa María, a valedora explica que se necesita unha comunicación previa á visita para poder acceder.

A portavoz socialista, Pilar García Porto, pide ao PP que "deixe de andar dando espectáculo e que traballe pola provincia, no canto de levar as súas rabechas ante unha institución que traballa para resolver os problemas reais dos galegos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta