Yolanda Díaz defende a reforma laboral fronte á “resistencia ideolóxica” da dereita

A vicepresidenta insiste en que a medida mellorará a vida laboral e que hai marxe para a negociación no Congreso.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 31/05/2025 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, sinalou este sábado que a resistencia á redución da xornada laboral en España é "ideolóxica", e asegurou que aínda existe "marxe de negociación" para sacar adiante a norma no Congreso. Durante a súa visita á Feira do Libro de Madrid, Díaz criticou que esta oposición "ten máis que ver con elementos partidistas ca coa realidade" e lembrou que o Goberno xa fixo "o que tiña que facer" ao impulsar unha medida que mellora a vida das persoas traballadoras.

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, durante unha rolda de prensa posterior á reunión do Consello de Ministros
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, durante unha rolda de prensa posterior á reunión do Consello de Ministros | Fonte: Carlos Luján - Arquivo

A tamén líder de Sumar destacou que a redución da xornada xa está en marcha de feito, ao situarse a media semanal en 38,2 horas, e reafirmou a súa "vocación de negociación inquebrantable". Subliñou que nunca se levanta dunha mesa de diálogo, polo que cre que se pode alcanzar un acordo. Engadiu que “son 12 millóns e medio de españois os que están a esperar isto”, polo que agora é responsabilidade dos grupos políticos avanzar no Congreso.

En paralelo, Díaz criticou a actitude do líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, por instar os seus socios a promover unha moción de censura, cualificando a proposta de "insólita" e "broma de mal gusto". Segundo indicou, o congreso dos populares servirá para decidir se o partido está liderado por Feijóo, Ayuso, Aznar ou a extrema dereita, e denunciou que o presidente do PP non está "a respectar as institucións".

Finalmente, a vicepresidenta lembrou que Feijóo non chegou á presidencia do Goberno “porque non ten a maioría parlamentaria”, malia afirmar o contrario na súa investidura. Concluíu asegurando que o Executivo de coalición progresista ten estabilidade e percorrido, e advertiu a Feijóo de que “como siga secuestrado por Vox e a extrema dereita, non vai chegar á Moncloa na súa vida”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta