Os xitanos maniféstanse a favor do seu autoproclamado rei

Desde o luns sucederonse ata tres protestas en Tui; dúas con persoas do colectivo xitano e outra de avogados.

Por Galicia Confidencial | Tui | 08/05/2014 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

A tensión non se rebaixou no Baixo Miño. O colectivo xitano, dirixido polo presidente da Asociación del Pueblo Gitano, Sinaí Giménez, leva días mobilizandose para tentar presionar á Xustiza. Queren que se condene a un brigada da Garda Civil ao que acusan, supostamente, de ter asaltado a vivenda de Olegario Giménez, o seu pai, e autoproclamado rei dos xitanos.

Os feitos tiveron lugar a pasada semana cando este garda civil, acompañado dun axente forestal, acudiron á vivenda de Olegario Giménez, patriarca do clan dos Moróns, ao que pertence o propio Sinaí Giménez, para reclamarlle unha débeda de 15.000 euros.

Segundo a versión calé, o garda civil e o axente forestal asaltaron a súa vivenda e tentaron asasinar ao seu "rei". Segundo a versión dos segundos, os "Morón" convidaranos a ir a súa casa para abordar a cuestión da débeda e, unha vez alí, fixéronlles unha "encerrona". O garda rematou apuñalado e o axente forestal, semiinconsciente cun forte golpe na cabeza.

Os dous supostos asaltantes, J.A.P.G. e A.P.G. quedaron en liberdade o mesmo día dos feitos, imputados por un delito de ameazas con uso de armas, coa obrigación de comparecer quincenalmente, privación de uso de armas e unha orde de afastamento e comunicación coa vítima.

A tensión seguiu o día seguinte, cando o garda civil e o axente tiveron que declarar nos xulgados de Tui. Nese momento, medio cento de xitanos tentou agredilos e acabaron ferindo a tres gardas civís e dándolle unha malleira ao avogado dos supostos atacantes que precisiou ingreso hospitalario e debe de estar máis dun mes de baixa. Por ese ataque non se practicaron aínda ningunha detención. Desde entón tanto o avogado como a xuíza do caso teñen recibido chamdas ameazantes.

Sinaí Giménez nunha protesta en Ponteareas
Sinaí Giménez nunha protesta en Ponteareas

Manifestacións en Tui

Desde entón, en Tui sucédense as manifestacións. O luns foi colectivo xitano de vendedores ambulantes os que se manifestaron diante do Xulgado de Tui e este mércores, unhas trescentas persoas do colectivo xitano. As dúas protestas están impulsadas polo propio Sinaí Giménez.

O martes foi a quenda dos avogados que se manifestaron tamén diante dos Xulgados en apoio ao seu compañeiro ferido. Nesa protesta tamén se presentou unha pequena comitiva da comunidade xitana con Sinaí Giménez á fronte para protestar contra "todo tipo de violencia". Con todo, algún dos avogados asistentes manifestou "ter medo".

Na do mércores foron representantes da autoproclamada "Casa Real Xitana", da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Galicia, da Sociedade Xitana e diversas Asociacións de Vendedores Ambulantes, así como de Comerciantes de Establecementos da comarca os que se manifestaron baixo o lema "somos inimigos de persoas concretas con nomes e apelidos, e somos amigos de fiscalía, garda civil e avogados".

Logo da protesta, leuse un manifesto no que reivindicaban un cambio da súa situación. Despois de 235 anos na Comunidade galega, os xitanos afirmaron que se lles segue considerando "cidadáns de segunda".

Por iso, solicitaron aos partidos políticos e ás diferentes administracións que se lles apoie para que deixe de existir unha clara situación de discriminación.

Ocupación na Coruña

Esta manifestación coincidiu coa ocupación, por parte dunha familia de étnia xitana, dunha vivenda na Coruña, mesmo co seu propietario no interior. Tras intervir a Policía, os ocupantes, que residen no poboado chabolista da Pasaxe, marcharon, pero volveron, novamente, unha vez que os axentes marcharon con máis habitantes do poboado. O propietario da vivenda denunciou en La Voz que os ocupantes "roubaron o que servía para facer un diñeiro, e o que non, romperono todo" e dixo que tras dialogar con eles, un dos patriarcas dixo que podían quedar na casa porque o xuíz non os vai botar ata dentro de catro anos. O propietario di que ten medo, xa que ao carón desta casa vive o seu pai.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

6 Artur2.

As alimañas hainas que exterminar, aínda que teñan aparencia humana.

5 un bo e xeneroso

Os galegos non foron itinerantes. Son os donos deste país e, logo, conquistados. Os ciganos son itinerantes e viñeron aquí, instaláronse aquí e non se asimilaron a este país. Os españois non nos asimilaron, conquistáronnos que é moi diferente. E, os ciganos, se queren, que se asimilen a nós e non nós a eles

1 Patria sí Provinciano non

En qué documento somos os donos? Os devanceiros dos galegos foron itinerantes. Os documentos son propriedade da que chaman Nación Española. Por certo os españois que inventaron o día da raza odian máis aos ciganos que a calquer outro pobo. Neso e na ideoloxía pequeno propietaria non itinerante que non rouba galiñas mais si no peso das mercancías na usura e na corrupción paia semellas moito nosos opresores.

4 Os Bos e Xenerosos ?

Os ciganos son unha nazón itinerante como o foron os nosos devanceiros. Temos tanto dereito a asimilalos como os españois a nos asimilar. A excusa lingua non funcionou no caso dos caseiros e dos quicalleiros pero como non tiñan a propriedada ruín da súa propria miseria moral e material os maltratamos e segregamos. La Belle Otero pagounos co desprezo e dixo que era de Andalucía...

3 Xan

Dá gusto con estes fascistas disfrazados de minoría. Dá gusto como se asimilan aos sitios onde viven, o ben que falan galego e o ben que o defenden. O ben que se asocian ao PP en toda canta chiringuitada hai e logo, algúns nacionalista de piquiño van e saen na súa defensa. Abride as portas a todos eles. Que veñan en masa. Hai que facer país, meus. Probemos a ver se esta é a solución. Agora, eu me pregunto, porque non hai un só que fale en galego?. E non só non o falan, senón que se ofenden se llelo falan. E logo os malos son os que teñen que calar por non levar malleiras. Así vai o país

1 Ignorantes duros escuros

A cigana é unha nazón itinerante, sen territorio. Fai anos na Galiza existía a minoría dos caseiros ou caseteiro sobre a que choveu o repunante clasismo dos pequenos e mesmo infimos propietarios da miseria material que adornaron coa espiritual, estes caseiros so faltaban galego. Tamén os da quincallarías dos qu viña La Bella Otero. A excusa non foi a lingua e eles vos devolveu a marxinación negando pertencer a un pobo tan xeneroso e acollerdor...

2 sobre defensores

Este Sinaí éche unha peza de carallo. Mágoa que logo haxa defensores para todo, ata defensores dos antidefensores, ou defensores dos represores ou defensores dos que case matan a un avogado.

1 O fascismo perdeu a 2ª guerra

En democracia todos temos dereito á defensa, ate os xenosidas levados aos xuízos de Núremberg o tiberon.