Os xitanos maniféstanse a favor do seu autoproclamado rei

Desde o luns sucederonse ata tres protestas en Tui; dúas con persoas do colectivo xitano e outra de avogados.

Por Galicia Confidencial | Tui | 08/05/2014 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

A tensión non se rebaixou no Baixo Miño. O colectivo xitano, dirixido polo presidente da Asociación del Pueblo Gitano, Sinaí Giménez, leva días mobilizandose para tentar presionar á Xustiza. Queren que se condene a un brigada da Garda Civil ao que acusan, supostamente, de ter asaltado a vivenda de Olegario Giménez, o seu pai, e autoproclamado rei dos xitanos.

Os feitos tiveron lugar a pasada semana cando este garda civil, acompañado dun axente forestal, acudiron á vivenda de Olegario Giménez, patriarca do clan dos Moróns, ao que pertence o propio Sinaí Giménez, para reclamarlle unha débeda de 15.000 euros.

Segundo a versión calé, o garda civil e o axente forestal asaltaron a súa vivenda e tentaron asasinar ao seu "rei". Segundo a versión dos segundos, os "Morón" convidaranos a ir a súa casa para abordar a cuestión da débeda e, unha vez alí, fixéronlles unha "encerrona". O garda rematou apuñalado e o axente forestal, semiinconsciente cun forte golpe na cabeza.

Os dous supostos asaltantes, J.A.P.G. e A.P.G. quedaron en liberdade o mesmo día dos feitos, imputados por un delito de ameazas con uso de armas, coa obrigación de comparecer quincenalmente, privación de uso de armas e unha orde de afastamento e comunicación coa vítima.

A tensión seguiu o día seguinte, cando o garda civil e o axente tiveron que declarar nos xulgados de Tui. Nese momento, medio cento de xitanos tentou agredilos e acabaron ferindo a tres gardas civís e dándolle unha malleira ao avogado dos supostos atacantes que precisiou ingreso hospitalario e debe de estar máis dun mes de baixa. Por ese ataque non se practicaron aínda ningunha detención. Desde entón tanto o avogado como a xuíza do caso teñen recibido chamdas ameazantes.

Sinaí Giménez nunha protesta en Ponteareas
Sinaí Giménez nunha protesta en Ponteareas

Manifestacións en Tui

Desde entón, en Tui sucédense as manifestacións. O luns foi colectivo xitano de vendedores ambulantes os que se manifestaron diante do Xulgado de Tui e este mércores, unhas trescentas persoas do colectivo xitano. As dúas protestas están impulsadas polo propio Sinaí Giménez.

O martes foi a quenda dos avogados que se manifestaron tamén diante dos Xulgados en apoio ao seu compañeiro ferido. Nesa protesta tamén se presentou unha pequena comitiva da comunidade xitana con Sinaí Giménez á fronte para protestar contra "todo tipo de violencia". Con todo, algún dos avogados asistentes manifestou "ter medo".

Na do mércores foron representantes da autoproclamada "Casa Real Xitana", da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Galicia, da Sociedade Xitana e diversas Asociacións de Vendedores Ambulantes, así como de Comerciantes de Establecementos da comarca os que se manifestaron baixo o lema "somos inimigos de persoas concretas con nomes e apelidos, e somos amigos de fiscalía, garda civil e avogados".

Logo da protesta, leuse un manifesto no que reivindicaban un cambio da súa situación. Despois de 235 anos na Comunidade galega, os xitanos afirmaron que se lles segue considerando "cidadáns de segunda".

Por iso, solicitaron aos partidos políticos e ás diferentes administracións que se lles apoie para que deixe de existir unha clara situación de discriminación.

Ocupación na Coruña

Esta manifestación coincidiu coa ocupación, por parte dunha familia de étnia xitana, dunha vivenda na Coruña, mesmo co seu propietario no interior. Tras intervir a Policía, os ocupantes, que residen no poboado chabolista da Pasaxe, marcharon, pero volveron, novamente, unha vez que os axentes marcharon con máis habitantes do poboado. O propietario da vivenda denunciou en La Voz que os ocupantes "roubaron o que servía para facer un diñeiro, e o que non, romperono todo" e dixo que tras dialogar con eles, un dos patriarcas dixo que podían quedar na casa porque o xuíz non os vai botar ata dentro de catro anos. O propietario di que ten medo, xa que ao carón desta casa vive o seu pai.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

1 Non ao Antiziganismo

O autoproclamado ou autoproclamada xornalista que escrebe a noticia fai un uso abusivo e inapropriado do termo suposto: “Queren que se condene a un brigada da Garda Civil ao que acusan, supostamente, de ter asaltado a vivenda”, a acusación dos ciganos non é firme, é suposta, mais nada di dos feitos, o asalto a vivenda, e son estes feitos os que se terían que supor mentres non determine o contrario a xustiza en función de probas concluíntes. Logo o trato displicente, e mesmo despectivo do pobo cigano e as súas costumes, non parece estar a nivel dos tempos e da presenza de séculos no noso país. O idioma dos ciganos peninsulares é o caló, tamén coñecido como zincaló ou romaní ibérico, non o calé das coplas dos paios. A institución política dos Reis dos Ciganos, elexidos en asembleias, xa ten por tanto un valor democrático superior a imposición franquista española. O antiziganismo debería estar duramente penado legalmente no mesmo nivel que o antisemitismo.

1 Non aos que van de ziganistas

Vai rañala coas tuas autoproclamas soflamas antinonsesabe o que. Recomendo que vaias estes días por Tui para saber quen é antisemita; se os "paios" coma ti dis ou os "ciganos"

2 Menos Lobos

En Tui o problema non é a corrupción municipal, a costrución feísta que degrada a dinidade dunha das máis fermosas ciudades do país, antiga capital dunha provincia do Reino de Galicia. Son os ciganos, poderoso corpo capaz de intimidar á maxistratura ou aterrorizar á la benemérica.

3 Ronsel

"Payo" é un termo racista dos ciganos contra os que non o son, semelhante a "sudaca". Resulta curioso como a maioria dun pobo denomínase cun termo despectivo criado dunha minoría.

4 Extremeño

El autoproclamado, xornalista que scribe la noticia,sabe más del tema que sabes ti,porque tu apoyandolos te pones a la altura de eles,preguntale al abogado,que por defender a un detenido de oficio casi le matan y a un gara civil que quedó incosciente eso es lo que sabes ti de valor democratico