A falta de mantemento en chemineas provoca catro incendios nunha soa noite en Galicia

Só un se trasladou á estrutura da casa: o resto foron controlados a tempo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2022 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

A noite do venres ao sábado foi de especial intensidade de traballo para os servizos de bombeiros de varias localidades galegas nas que se rexistraron ata nove incendios en vivendas, a maioría provocados pola falta de mantemento en chemineas. Segundo detallou o CIAE 112 Galicia na mañá deste sábado, a central de emerxencias empezou a recibir chamadas alertando de incendios en domicilios coa caída da noite na xornada do venres.

Con todo, o único que se saldou con persoas atendidas foi un rexistrado nunha casa da parroquia de Brués, en Boborás; onde a propietaria dunha casa e un familiar tiveron que ser atendidos polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061 por algunhas queimaduras e o estado de nerviosismo que presentaban tras o incendio vivido no seu fogar.

A central do 112 tivo constancia do lume ás 22,00 horas do venres. As chamas queimaron por completo unha habitación da casa e toda a vivenda viuse afectada o incendio, do que se descoñece a orixe. A cinsa das chemineas foi o responsable dos incendios en casas de Teo, Baleira, A Capela e Oleiros, todos eles rexistrados entre as 19,30 e as 22,00 horas da noite do venres.

Excepto no episodio da Capela, onde as chamas afectaron a unha estancia da vivenda onde arderon cama, colchón e mobles; o resto de incendios limitáronse á propia estrutura da cheminea. O 112 lembra a importancia de realizar o mantemento constante de instalacións como chemineas ante o risco de que, como nos casos mencionados, poidan provocar incendios ou episodios de intoxiación por monóxido de carbono.

Intervención dos bombeiros nunha emerxencia
Intervención dos bombeiros nunha emerxencia | Fonte: SERVIZO DE EMERXENCIAS DE SANXENXO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta