Unha veciña de Boiro chama aos bombeiros ao non ser capaz de saír do coche

O turismo atopábase encaixado nun garaxe particular. Finalmente, foi evacuada polo portón traseiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2022 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

A condutora dun turismo precisou a axuda dos equipos de emerxencias para saír do seu vehículo encaixado nun garaxe particular situado en Boiro. Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu pasadas as 12,00 do mediodía na rúa Mangas, en Cabo de Cruz. Así foi que se realizou unha chamada á central de emerxencias. 

Ante a posibilidade de que houbese atrapados dentro do coche, os xestores do 112 pediron a colaboración dos bombeiros de Boiro e dos membros do servizo local de Protección Civil. No interior do coche había unha moza que tiña dificultades para saír. Con todo, chegou con abrir o portón traseiro para poder sacar á persoa sen que fose necesario empregar o material de excarceración. Para atender á ferida, acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Garaxe, aparcadoiro, parquing
Garaxe, aparcadoiro, parquing | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta