Unha homenaxe ao fotoxornalismo de guerra: "si paga a pena"

Unha exposición recolle o traballo destes profesionais que, moitas veces, arriscan a súa vida por contarnos o que pasa no mundo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/02/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A exposición "Creadores de conciencia. 40 fotoperiodistas comprometidos" de DKV Seguros foi inaugurada o pasado 16 de febreiro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Esta obra rende homenaxe a profesionais da fotografía do Estado español que arriscan a súa vida en conflitos bélicos, desastres naturais ou réximes autárquicos.

Imaxe do fotoxornalista José Cendón
Imaxe do fotoxornalista José Cendón | Fonte: DKV Seguros

Trátase dunha exposición itinerante comisariada por Chema Conesa que ademais de remover conciencias para que ninguén se desentenda das inxustizas, os abusos e a dor humana, homenaxea a unha xeración de fotoxornalistas que reflectiron con imaxes momentos trascendentais da historia recente, ás veces en situacións precarias e asumindo riscos.

O acto contou coa participación do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, a concelleira responsable de Acción Cultural, Mercedes Rosón Ferreiro, o fotógrafo José Cendón, Carlos López Cachaza, director da sucursal A Coruña e Lugo de DKV Seguros e Silvia Modia, subdirectora do Auditorio de Galicia.

O alcalde agradeceu a DKV "a posibilidade que nos ofrece de compartir estas fotografías e de gozar, de sentir e de aprender a través delas. E por suposto agradecer aos fotógrafos o seu formidable traballo".

José Cendón, fotógrafo da exposición, explicou que "este oficio non paga a pena. Que che secuestren ou que resultes ferido nun pé como Emilio Morenatti, para que paguen mal... Pero á vez, se non estamos alí, esa historia que estamos a presenciar non existiría. Se non explicamos as historias, non nos decatariamos e non existirían. Por suposto que non paga a pena, pero si que paga a pena...", explica Cendón.

E tamén quiso agradecer ás entidades e empresas que apostan por esta disciplina fotográfica: "agradecer ao Consello e ao Auditorio de Galicia por apoiar iniciativas como esta, pero sobre todo a DKV, que organiza esta exposición sobre fotoxornalismo. DKV non só organiza esta exposición, senón que ademais páganos por iso".

Por último, Carlos López Cachaza, director da sucursal A Coruña e Lugo de DKV lembrou que "esta exposición produciuse con motivo do XX aniversario das nosas accións de Responsabilidade Social e desde a súa inauguración en Barcelona xa pasou por Madrid, Zaragoza, Xixón, Sevilla, San Sebastián, Málaga e agora chega a Galicia. En total xa tivo máis de 125.300 visitantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta