A alerta laranxa por temporal costeiro esténdese a todo o litoral galego, con ondas de cinco a seis metros

O temporal estaba previsto na Coruña e A Mariña pero estendeuse tamén á costa de Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2022 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta ampliou a todos o litoral galego a alerta laranxa por temporal costeiro vixente para este venres no litoral das provincias da Coruña e Lugo.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) indicou que desde o mediodía deste venres comezou un fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa por mar combinado do noroeste con ondas de cinco a seis metros en toda a costa galega, que xa estaba previsto no litoral da Coruña e A Mariña e que estende ao de Pontevedra.

Por iso, con motivo de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informou da situación aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, así como aos clubs náuticos, entre outros. A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, como diques, rompentes e paseos marítimos.

Arquivo - Fortes ventos e  ondada na Coruña.. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Fortes ventos e ondada na Coruña.. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta