Cazadores achan un cadáver na zona onde desaparecera unha muller en agosto pasado

A muller, de 77 anos, tiña Alzheimer.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2022 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

Uns cazadores acharon o cadáver dunha muller nunha zona de monte da parroquia da Enfesta, en Santiago de Compostela, ao redor da unha e media deste domingo, segundo confirmou o 112 Galicia a Europa Press.

Ata o lugar mobilizouse aos servizos sanitarios, á Garda Civil, á Policía Nacional e á Policía Local. Agora, as autoridades tratan de identificar o cadáver, que foi atopado nunha zona da mesma parroquia onde, o pasado 7 de agosto, desaparecera unha muller de 77 anos que padecía Alzheimer.

Naquel momento participaran no operativo de procura a Garda Civil, o Grupo de Cans de Rescate de Protección Civil de Padrón, así como o equipo de drones da Axencia Galega de Emerxencias.

Un cazador, durante unha xornada de caza
Un cazador, durante unha xornada de caza | Fonte: Photogenic - Pablo Requejo - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta