O MUMI busca afirmarse como Feira Internacional da Lusofonía, "escaparate" da música de ambos países
O MUMI 2022 conectará ás industrias musicais galega e portuguesa na Eurocidade Tui-Valença en setembro. A partir do xoves, profesionais e artistas poderán inscribirse para participar na 3ª edición da feira, que se celebrará do 29 de setembro ao 1 de outubro.