A Xunta inicia concurso para sete procesos selectivos nos que se convocan 557 prazas de emprego público

Os aspirantes dispoñen dun prazo de 10 días hábiles desde a publicación no DOG para a presentación dos seus méritos, que termina o 11 de marzo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2022 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

A Xunta iniciou a fase de concurso para sete procesos selectivos nos que se convocan un total de 557 prazas de emprego público. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres as resolucións polas que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos dos participantes. En total, a Dirección Xeral da Función Pública baremará a 948 aspirantes.

Os procesos selectivos de persoal funcionario nos que se inicia a fase de concurso son: o grupo A1 do Corpo Superior da Administración Xeral, con 133 prazas de acceso libre e 46 para cubrir mediante proceso de promoción interna; A1 de Psicoloxía, con 55 prazas de acceso libre; o grupo A2 do Corpo de Xestión, con 64 prazas de acceso libre e 127 de promoción interna; o grupo C1 do Corpo Administrativo, con 91 prazas de acceso libre; e o grupo I Titulada/ou superior de persoal laboral, con 41 prazas de acceso libre.

Os aspirantes dispoñen dun prazo de 10 días hábiles desde a publicación no DOG para a presentación dos seus méritos, que termina o 11 de marzo.

Proceso de selección de emprego público da Xunta.. XUNTA
Proceso de selección de emprego público da Xunta.. XUNTA

Por outra banda, a Dirección Xeral de Función Pública puxo fin ao prazo de presentación de méritos para outros oito procesos selectivos nos que se convocaron 726 prazas. Estes procesos son o grupo A1 de Biólogos (31 prazas), o grupo A2 de Educadores (86 prazas), o grupo A2 de Enfermaría (69 prazas), o grupo C2 de Auxiliar de enfermaría (305 prazas) e a Agrupación Profesional de persoal subalterno (205 prazas).

En canto ao persoal laboral, iníciase a fase de concurso para o grupo II Titulado grao medio (21 prazas), grupo III Administrativo (6 prazas) e o V de ordenanzas (3 prazas).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta