Todos os fondos recadados en '10 bocados solidarios' serán destinados á loita contra o cancro

A Xunta destaca a importancia da gastronomía en causas solidarias como nesta iniciativa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2022 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quitana, destacou o papel da gastronomía en causas solidarias, como no evento celebrado este domingo en Santiago '10 bocados solidarios' para recadar fondos para a Asociación Española contra o Cancro (AECC).

Quintana destacou que "grazas a iniciativas como estas" pódese pór "nome e apelidos a todos os valentes que diariamente perseveran, apoiados das súas familias e un incrible equipo sanitaria, para vencer a súa batalla persoal máis dura".

'10 bocados solidarios' é unha iniciativa posta en marcha polo chef galego Kike Piñeiro e o colombiano Charlie Otero con motivo do Día Mundial Contra o Cancro celebrado o pasado 5 de febreiro. Todos os fondos recadados irán para a AECC.

A conselleira do Mar destacou que este evento é unha mostra de que, "cando dúas forzas se asocian, multiplícanse", facendo referencia á colaboración entre Colombia e Galicia a través da cociña e o compromiso social. Ademais, destacou en valor o"altruísmo e a xenerosidade" dos organizadores por "estar á beira de quen máis o necesita".

A Xunta colaborou na iniciativa achegando produtos galegos con indicativo de calidade diferenciada, como poden ser polbo galego e ourizo de mar co selo 'pescadeRías', Castaña de Galicia e queixo de Arzua e San Simón da Costa, entre outros.

A Consellería do Mar, Rosa Quintana, participa na iniciativa '10 bocados solidarios'. XUNTA DE GALICIA
A Consellería do Mar, Rosa Quintana, participa na iniciativa '10 bocados solidarios'. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta