Temas: GALICIA RADIO TVG

A TVG presume de que os seus telexornais foron os máis vistos en febreiro

Destaca que acadou o seu mellor dato de audiencia nun mes de febreiro desde 2014, cun 11% de cota.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 01/03/2022 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

A Televisión de Galicia (TVG) conseguiu o seu mellor dato de audiencia nun mes de febreiro desde 2014, cun 11% de cota de pantalla, situándose ademais como a canle máis de Galicia entre as 13,30 horas e as 15,30 horas.

Tal como informou nun comunicado, nesta franxa informativa do mediodía, a TVG situouse en febreiro como a canle máis vista en Galicia coa emisión de 'Galicia Noticias' e do 'Telexornal Mediodía', cunha media de 19,7% de cota de pantalla de luns a venres, 1,3 puntos máis que o seguinte competidor, Antena 3 (18,4%).

"Incrementaron tamén a súa audiencia a maior parte dos informativos da semana e do fin de semana, como 'Bos Días Fin de Semana' (+0,9%), 'A Revista' (+1,8%), 'Galicia Noticias' (+0,9%), 'Galicia Noticias Fin de Semana' (+1,8%) e o 'Telexornal Mediodía Fin de Semana' (+1,3%)", reivindicou TVG.

No 'prime time', a televisión pública galega mantivo a súa segunda posición en Galicia, cunha media do 11,8% de share, crecendo os luns (ata o 11,5% de cota), os mércores (11,2%), os xoves (14,4%), os venres (13%) e os sábados (12,8%) con respecto ao mes anterior.

Entre as canles que integran a Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (Forta), a TVG recuperou en febreiro a segunda posición no ranking das máis vistas, só por detrás de TV3, a televisión catalá.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, nunha entrevista na Televisión de Galicia.. TVG
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, nunha entrevista na Televisión de Galicia.. TVG

Temas: GALICIA RADIO TVG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta