Queres cambiar as xanelas da túa casa? A Xunta abre o prazo para solicitar axudas

Poderanse solicitar ata o 14 de outubro por medios telemáticos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2022 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

A Xunta abre este venres, 4 de marzo, o prazo para solicitar axudas de ata 3.000 euros para mellora de eficiencia enerxética dos fogares, principalmente destinado ao cambio de xanelas. Esta convocatoria esta dotada con 13,5 millóns de fondos europeos Next Generation. Diso informou, este mércores, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, nunha xornada na que se reuniu coa Federación de Asociacións de Empresas e da Reforma e Rehabilitación de Galicia (Federgal) para informar destas axudas.

Así, espera que a convocatoria sexa "un éxito" coa atención a un mínimo de 4.500 solicitudes. Poderán pedilas todos os propietarios de inmobles e usufructuarios e arrendatarios dunha vivenda que acrediten a redución do 7% da demanda de enerxía. No entanto, debe ser o domicilio habitual e ter un uso residencial. No caso daqueles edificios que comparten outros usos, o 50% da superficie ten que estar dedicada a uso de vivenda.

O obxectivo destas axudas é reducir o consumo de enerxía e a demanda a través de pequenas obras. Os beneficiarios poderán acceder a unha subvención de ata o 40% do orzamento, cun máximo de 3.000 euros de apoio e un mínimo de 1.000 euros de custo da actuación. Poderanse solicitar ata o 14 de outubro por medios telemáticos.

Ademais, mellorar o illamento das fachadas e das cubertas son outras actuacións que optimizan a eficiencia enerxética, así como o cambio da caldeira por unha instalación que non demande enerxía fósil (solar, biomasa, bombas de calor con xeotermia, etc.).

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, informa sobre axudas para cambios de xanelas. CONCHI PAZ
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, informa sobre axudas para cambios de xanelas. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta